Donna era unha universitaria á que lle agasallaron unha muñeca. Ela contenta, púxoa de decoración. Ao pouco tempo empezaron a pasar cousas raras; a muñeca parecía moverse e ademais cambiaba de posición e aparecían notas raras tal como: “Botábasme de menos?” “Axúdanos!” “Salva a Lou!!”(que casualmente era o seu novio)…
Ela pensaba que era unha broma dalgún estudiante, así que non lle dou importancia. Despois os sucesos foron de mal en peor. Chamou a un clarividente que lle informou de que na muñeca había un espirito dunha nena chamada Annabelle Higgins, a cal pide que a acepten como unha máis. Lou , ve a Donna e á súa compañeira de piso tratar a muñeca como unha humana, e preocúpase. Ata tivo un soño no que pensaba que alguén o estrangulaba, e cando se despertou a muñeca apereceu aos pés da súa cama, mentres el miraba unhas feridas leves ocasionadas naquel momento.
Sin embargo a situación non termina e os compañeiros escoitan ruidos. Eles mesmos chaman a un cura que cita a dous parapsicólogos, que afirman que a tal Annabelle non existe, senón que na muñeca está un mal espirito que quería poseer a Donna.
Finalmente desfanse da muñeca e ela e a súa familia volven a casa por carreteras secundarias.
Desde entón, esta muñeca está nun museo familiar,dentro dunha urna de cristal.                    MUÑECA REAL
     MUÑECA REAL
 
			





