Onde pasei as miñas vacacións.

Este ano pasei as miñas vacacións en Olveira .É un lugar tranquilo e bonito. Non hai moitos nenos, pero os poucos que hai son moi rebuldeiros. Case no final de Olveira, hai unha gran explanada que é gris e serve para aparcar os coches ou para que os nenos anden por alí. Tamén hai un extenso parque. En Bretal hai unha igrexa enorme e un bonito parque cunha cancha. Gústame moito pasear e andar coa bici polas pouco transitadas rúas. En Olveira, tamén está a miña casa de pedra. A verdade e que moitos din que é romana. Pero eu dígolle que non, que só e antiga. Gústame moito vivir alí. Prodúceme sensacións boas e tranquilas.

Resultado de imaxes para olveira