BENVIDAS E BENVIDOS!!

Faro de Corrubedo (by Jose Losada)Faro de Corrubedo (by Jose Losada)

Ola! Benvidas e benvidos ao blogue de celebracións do CEIP de Olveira.

A presente bitácora, máis que un escaparate das celebracións que se levan a cabo no noso centro, pretende ser o lugar onde aloxar unha ESCOLMA de material para poder conmemorar nas aulas as diferentes datas reflectidas no calendario escolar.

Todo o que aparece aquí foi atopado pola rede tras unha primeira busca, máis ou menos pormenorizada, e na maioría dos casos está enlazado ou incrustado do seu aloxamento orixinal polo que, co paso do tempo, é probable que algunha información se perda, rompa o enlace, desapareza da internet,…

De todos xeitos, entendemos esta bitácora como algo vivo, que vai mudando, cambiando e enriquecendo coas achegas que todas e todos vós queirades facernos.

Sen máis, benvidos novamente a esta bitácora que, dende agora, tamén é túa.

Para calquera dúbida, aclaración, achega,…

celebracionsolveira@gmail.com