O alumnado do CEIP de OLVEIRA celebrou o entroido con moita arte!!
VÍDEO | DÍA DA PAZ | 2026
Onte celebramos o Día da Paz no CEIP de OLVEIRA coa axuda de todo o alumnado e a colaboración do profesorado do centro, capitaneados pola profe Estrella.
Aquí vos deixamos o resultado de todo o traballo!!
NOTA IMPORTANTE: Premendo na “rodiña dentada” de abaixo á dereita e cambiando a “calidade” a 1080, a experiencia de visualizado é ÓPTIMA!!!
PODCAST | FAKE NEWS | Dia da Paz 2026
O alumnado de 5ºEP do CEIP de Olveira redactou unhas novas a modo de “fake news” con temática do Día da Paz.
Bo traballo rapazada!!
VÍDEO | FESTIVAL DE NADAL | 2025
Com ven sendo tradición no CEIP de Olveira, o último día do ano celebramos o Festival de Nadal coa actuación de todo o alumnado do centro e coa axuda das mestras e mestres. Aquí vos deixamos, a modo de postal de Nadal, a actuación deste curso.
Que teñades un Bo Nadal e un Próspero Aninovo!!
NOTA IMPORTANTE: Premendo na “rodiña dentada” de abaixo á dereita e cambiando a “calidade” a 1080, a experiencia de visualizado é ÓPTIMA!!!
VÍDEO | DIA DOS DEREITOS DA INFANCIA | 20 NOV 2025
Vídeo creado por todo o alumnado do CEIP de Olveira, coa axuda da profe Estrella!! Todos xuntos para reclamar os seus dereitos. Moi bo traballo rapazada, a seguir así!!
NOTA IMPORTANTE: Premendo na “rodiña dentada” de abaixo á dereita e cambiando a “calidade” a 1080, a experiencia de visualizado é ÓPTIMA!!!
PODCAST | DIA DOS DEREITOS DA INFANCIA | 20 NOV 2025
O alumnado de Proxecto Competencial de 3º de Ed. Primaria do CEIP de Olveira estivo traballando nun proxecto sobre os Dereitos da Infancia. Este é o produto final do seu traballo. Esperamos que vos guste!!
O SAMAÍN | MOITO MAXÍN | 2025
No CEIP de Olveira celebramos o Samaín como se merece.. con música, baile, sustos e moito humor.
Deica o próximo Samaín!!!
O SAMAÍN | CONTOS ÁS ESCURAS | 2025
O alumnado de 5º de Ed. Primaria inventou uns contiños “de medo” e contoullos aos seus compañeiros e compañeiras do CEIP de Olveira neste Samaín!!
Moitas grazas, rapazada!!
SAMAÍN 25 | MARCHA FUNEBRE
O alumnado de 5º de Educación Primaria recibe o Samaín a ritmo da MARCHA FÚNEBRE (F. Chopen)
Que medo!!
CONTO | A VALENTE PRINCESA DIANA | CURSO 25-26
Traballo realizado en clase durante o curso 25/26 por Elia Fernández.