Co gallo do Día Internacional do Acoso Escolar, o alumnado da área de Valores Cívicos e Sociais de 5º EP confeccionaron unha ‘banda deseñada’ para denunciar estas situacións tan frecuentes como desagradables.
Arquivo da categoría: Curso 20/21
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE (04 ABR)
Co lema de ‘Coida as costas’, o alumnado da área de ‘Valores’ de 5º de EP no CEIP de Olveira confeccionaron este ‘cartaz educativo’.

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR (15 MAR)
Para conmemorar este día buscamos información na rede, lemos comics, vimos algún vídeo e decidimos facer uns carteis con lemas que fagan reflexionar ante o consumo descontrolado. Aquí tedes os resultados:


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 MAR)
Como cada ano, o 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Dende o CEIP de Olveira quixemos facer a nosa pequena homenaxe a todas as mulleres, en especial ás nosas avoas, nais, irmás, curmás, compañeiras,…
Para iso, tivemos a sorte de poder entrevistar a Esther Regueira, unha muller do século XXI, polifacética, creativa, atrevida, traballadora,…, que en poucoas anos pasou de crear a súa propia empresa de customización de roupa a levar o peso dunha empresa adicada ao mexillón.
Aquí vos deixamos esta interesantísima entrevista.
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Benny Martin Piano, “ADELE – HELLO (piano instrumental cover)” en soundcloud.com, licenza CC BY 3.0
IMAXEN
OpenClipart-Vectors, ‘emancipation’, en pixabay.com, licenza Pixabay License
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (24 FEB)
Para conmemorar o ‘Día de Rosalía de Castro’ o alumnado do CEIP de Olveira decidiu recitar varios dos seus poemas máis coñecidos.
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Alexander Nakarada, “[Celtic Fantasy] → Nomadic Sunset” en soundcloud.com, licenza CC BY 3.0
IMAXEN
Luis Sellier, ‘Rosalia’, en commons.wikimedia.org, licenza Public Domain
DÍA MUNDIAL DA RADIO (13 FEB)
Dende o CEIP de Olveira, e dende Supercoleondas (a radio do noso cole) queremos sumarnos á celebración do Día Mundial da Radio, por iso mandamos un saúdo para toda a xente de ‘Ponte nas Ondas’ e todas as radio escolares que cada día fan, do proceso de ensino, algo diferente para mestras/es e alumnado.
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
MaxKoMusic, “Happy Upbeat Ukulele” en soundcloud.com, licenza CC BY-SA 3.0
IMAXEN
fancycrave1, sen título, en pixabay.com, licenza Pixabay License
DÍA DA PAZ (30 XAN)

O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz. Para traballar este tema fixemos unha procura de información en internet sobre varios Premios Novel da Paz do continente americano. Logo cada alumno/a escolleu un para facer unha pequena presentación na clase. Aquí tedes unha mostra.
JOSÉ ALFONSO EFEMIO NICOLÁS
RIGOBERTA MENCHÚ