Como parte de traballo do PDI deste curso, o alumnado de Ed. Física estivo aprendendo varios deportes alternativos, algúns deles propios do continente europeo. Os alumnos e alumnas de Valores de 6º foron os encargados de poñer a ‘voz en off’ a estes traballos.
Arquivo da categoría: Curso 21/22
MURAL DAS LETRAS (17 Maio)
E así quedou o mural con todos os slogans do alumnado do centro do certame das Letras Galegas deste ano. Parabéns polo traballo realizado!!

REMATANDO MURAL DAS LETRAS (17 Maio)
Por que non? Un pouco de manunalidades mentres colaboramos na confección do mural do Día das Letras Galegas 2022, adicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán. Traballo en equipo, respecto pola cultura propia, colaboración coa comunidade educativa,…


PODCAST | DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DO ACOSO ESCOLAR (2 Maio)
O alumnado de 6º de EP do CEIP de Olveira estivo a traballar sobre o Día Internacional en contra do acoso escolar.
Como resuitado do traballo confeccionaron un calendario con lema de “12 MESES SEN ACOSO” e gravaron un podcast para facer fincapé na importancia que ten este tema e de facernos refexionar sobre o mesmo.
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO 1
grapes, I dunno, en ccmixter.org, licenza CC BY 3.0
AUDIO DE FONDO 2
_ghost, Reverie (small theme), en ccmixter.org, licenza CC BY 3.0
AUDIO DE FONDO 3
geoffpeters, Scary music for a Horror Movie film score creepy synth, en ccmixter.org, licenza CC BY 3.0
AUDIO DE FONDO 4
Analog By Nature, Silence Await, en ccmixter.org, licenza CC BY 3.0
CALENDARIO | DÍA EN CONTRA DO ACOSO ESCOLAR (2 Maio)
Nos días previos a esta celebración, estivemos a falar sobre o acoso escolar, que era acoso e que podíamos facer nós para reducir ou evitar este tipo de situacións.
Como remate final, confeccionamos un calendario co lemas: “12 meses sen acoso”. Podedes descargalo de xeito gratuíto facendo clic na imaxe.

SEMANA DO LIBRO | 18/04/22 – 22/04/22
Para conmemorar a Semana do Libro, o alumnado de valores fixo as seguintes recomendacións lectoras.



PODCAST | DEREITOS DO CONSUMIDOR (15 Marzo)
O alumnado de 6ºEP da área de Valores Sociais e Cívicos relaizou este podcast como traballo final do tema tratado en clase sobre os Dereitos do Consumidor.
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO
Calling Sister Midnight, Off-Grid Dreams, en CCMixter.org, Licenza CC BY
IMAXEN
Shann, graffiti-en-la-pared-de-la-tienda-de-comestibles, en Pexels.com, Licenza CC 0
DÍA DA PAZ (2022) | Biografías Premios Nobel
O alumnado de 6º de Educación Primaria de Relixión e Valores Sociais e Cívicos fixeron un traballo conxunto con motivo da celebración do Día da Paz.
O traballo consistiu en confeccionar unha breves biografías sobre os Premios Nobel da Paz concedidos no continente europeo.
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
koi_discovery, Retrospection, en ccmixter.org, Licenza CC BY
IMAXEN
Artem Podrez, vuelo-naturaleza-moda-hombre, en pexels.com, Licenza CC 0
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 Nov)




TEATRO RADIADO | Día Universal da Infancia (22 Nov)
O alumando de Educación en Valores de 6º de EP confeccionou unha obra de teatro radiada en contra da ‘explotación infantil’.
Fixeron un traballo de investigación previo, redactaron o guión e interpretárono diante dos micrófonos no noso obradoiro de radio.
Esperamos que vos guste!
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Fireproof_Babies (feat. ramblinglibrarian), Dark Woods, en soundcloud.com, licenza CC BY
IMAXEN
Kat Smith, Niño de pelo negro llorando, en pexels.com, licenza Pexels