DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 MAR)

Como cada ano, o 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Dende o CEIP de Olveira quixemos facer a nosa pequena homenaxe a todas as mulleres, en especial ás nosas avoas, nais, irmás, curmás, compañeiras,…

Para iso, tivemos a sorte de poder entrevistar a Esther Regueira, unha muller do século XXI, polifacética, creativa, atrevida, traballadora,…, que en poucoas anos pasou de crear a súa propia empresa de customización de roupa a levar o peso dunha empresa adicada ao mexillón.

Aquí vos deixamos esta interesantísima entrevista.

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Benny Martin Piano, “ADELE – HELLO (piano instrumental cover)” en soundcloud.com, licenza CC BY 3.0

IMAXEN
OpenClipart-Vectors, ‘emancipation’, en pixabay.com, licenza Pixabay License

Emily Greene Balch Premio Nobel da Paz de 1946.

Emily Greene Balch (8 de enero de 1867 – 9 de enero de 1961) foi unha académica estadounidense, escritora, sindicalista e pacifista, que recibeu o Premio Nobel da Paz en 1946 compartido con John Raleigh Mott. Durante a Primeira Guerra Mundial axudou a fundar a Liga Internacional de Mulleres para a Paz e a Libertade.