TEATRO RADIADO | Día Universal da Infancia (22 Nov)

O alumando de Educación en Valores de 6º de EP confeccionou unha obra de teatro radiada en contra da ‘explotación infantil’.
Fixeron un traballo de investigación previo, redactaron o guión e interpretárono diante dos micrófonos no noso obradoiro de radio.
Esperamos que vos guste!

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Fireproof_Babies (feat. ramblinglibrarian), Dark Woods, en soundcloud.com, licenza CC BY

IMAXEN
Kat Smith, Niño de pelo negro llorando, en pexels.com, licenza Pexels

PODCAST EN DIRECTO | Especial ‘Fin de Curso’ 20/21

Para rematar o curso, varias alumnas e alumnos e 5º EP quixeron facer un Podcast ‘en directo’ para estrear o novo taller de radio que temos no cole.

A temática non podía ser outra: un resumo das actividades e conmemoracións máis destacadas deste curso ‘atípico’ que xa remata.

Parabéns polo traballo e esforzo!

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO 1
grapes, “I dunno” en ccmixter.org, licenza CC BY 3.0

AUDIO DE FONDO 2
_ghost, “Reverie (small theme)” en ccmixter.org, licenza CC BY 3.0

AUDIO DE FONDO 3
geoffpeters, “Scary music for a Horror Movie film score creepy synth” en ccmixter.org, licenza CC BY 3.0

AUDIO DE FONDO 4
Analog By Nature, “Silence Await” en ccmixter.org, licenza CC BY 3.0

AUDIO DE FONDO 5
J.Lang , “Drops of H2O ( The Filtered Water Treatment )” en ccmixter.org, licenza CC BY 3.0

IMAXEN
Ylanite Koppens, ‘Globos De Fiesta Amarillos, Rosas Y Azules’, en pexels.com, licenza CC 0

SEMANA DA PRENSA (08-12 MAR) | Noticiario

Para celebrar a semana da prensa, varios dos rapaces e rapazas de 5º de EP estiveron a traballar nun noticiario, a partir de novas reais do xornal fixeron a súa propia adaptación radiofónico. Aquí tedes o resultado!

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Ben Briggs, “Splatoon Remix – Stay Fresh! (Squid Sisters News)” en soundcloud.com, licenza CC BY 3.0

IMAXEN
benjaminhartwich, ‘radio’, en pixabay.com, licenza Pixabay License

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 MAR)

Como cada ano, o 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Dende o CEIP de Olveira quixemos facer a nosa pequena homenaxe a todas as mulleres, en especial ás nosas avoas, nais, irmás, curmás, compañeiras,…

Para iso, tivemos a sorte de poder entrevistar a Esther Regueira, unha muller do século XXI, polifacética, creativa, atrevida, traballadora,…, que en poucoas anos pasou de crear a súa propia empresa de customización de roupa a levar o peso dunha empresa adicada ao mexillón.

Aquí vos deixamos esta interesantísima entrevista.

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Benny Martin Piano, “ADELE – HELLO (piano instrumental cover)” en soundcloud.com, licenza CC BY 3.0

IMAXEN
OpenClipart-Vectors, ‘emancipation’, en pixabay.com, licenza Pixabay License

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (24 FEB)

Para conmemorar o ‘Día de Rosalía de Castro’ o alumnado do CEIP de Olveira decidiu recitar varios dos seus poemas máis coñecidos.

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Alexander Nakarada, “[Celtic Fantasy] → Nomadic Sunset” en soundcloud.com, licenza CC BY 3.0

IMAXEN
Luis Sellier, ‘Rosalia’, en commons.wikimedia.org, licenza Public Domain

DÍA MUNDIAL DA RADIO (13 FEB)

Dende o CEIP de Olveira, e dende Supercoleondas (a radio do noso cole) queremos sumarnos á celebración do Día Mundial da Radio, por iso mandamos un saúdo para toda a xente de ‘Ponte nas Ondas’ e todas as radio escolares que cada día fan, do proceso de ensino, algo diferente para mestras/es e alumnado.

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
MaxKoMusic, “Happy Upbeat Ukulele” en soundcloud.com, licenza CC BY-SA 3.0

IMAXEN
fancycrave1, sen título, en pixabay.com, licenza Pixabay License

DÍA DA PAZ (30 XAN)

Clker-Free-Vector-Images, ‘sen título’, en pixabay.com, licenza Pixabay License

O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz. Para traballar este tema fixemos unha procura de información en internet sobre varios Premios Novel da Paz do continente americano. Logo cada alumno/a escolleu un para facer unha pequena presentación na clase. Aquí tedes unha mostra.

JOSÉ ALFONSO EFEMIO NICOLÁS

RIGOBERTA MENCHÚ

ÓSCAR ARIAS (Facer <clic> para acceder á presentación)

JUAN MANUEL SANTOS (Facer <clic> para acceder ao arquivo)