Saltar ao contido principal
Saltar ao contido secundario

Voz Natura no CEIP de Olveira

Voz Natura no CEIP de Olveira

Menú principal

  • INICIO
  • CURSO 19/20
  • 20/21
  • 21/22
  • 22/23
  • 23/24
  • 24/25
  • 25/26

Navegación de artigos

← Entradas máis antigas

VÉMONOS O CURSO QUE VÉN!!

Publicado o 3 Xullo, 2026 por educacionfisica
Responder

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes de todo o traballo que fixemos en Voz Natura no curso 25/26. Grazas infinitas a todo o alumnado e profesorado por participar nas iniciativas levadas a cabo dende o noso equipo e unha forte aperta para Manolo e Johanna polo seu traballo desinteresado.

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Saída escolar ao parque de San Roque

Publicado o 17 Xuño, 2026 por educacionfisica
Responder

Estes días os nenos e nenas dos cursos de EI 4°, EI 5° e 1° P desfrutaron dunha saída ao parque periurbano de San Roque. Alí observaron a vexetación do lugar e decatáronse do importante que era coidar a natureza. Aproveitaron para regar e plantar cabazas no horto ecolóxico do parque.

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Día Mundial do Medio Ambiente

Publicado o 5 Xuño, 2026 por educacionfisica
Responder

No cole de Olveira celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente cunha mostra de instrumentos musicais feitos con materias de refugallo. Un excelente traballo do alumnado de 5° P e 6° P.

O noso agradecermento ás familias pola súa colaboración.

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Amorodos agromando

Publicado o 3 Xuño, 2026 por educacionfisica
Responder

O. alumnado de 4º P rega con frecuencia as macetas de amorodos. Saben ben da importancia da auga e da luz solar para o crecemento das plantas. E cada día agroman máis amorodos.

Publicado en Sen categorizar | Deixa unha resposta

A recolleita

Publicado o 29 Maio, 2026 por educacionfisica
Responder

Os nenos e nenas de 5º P fixeron unha boa recolleita de patacas no horto escolar. Parabéns!!

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Tarefas do horto

Publicado o 20 Maio, 2026 por educacionfisica
Responder

O alumnado de 3ºEP segue a taballar no horto con moito ánimo. Mantemento, preparación da terra e plantación. Todos os días son bos para pasar polo noso horto!

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Amorodos

Publicado o 20 Abril, 2026 por educacionfisica
Responder

Chegou a primavera e os nenos e nenas de 4°P plantaron amorodos no patio do cole. Nunhas semanas comenzarán a agromar.

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Día da Árbore en Olveira

Publicado o 21 Marzo, 2026 por educacionfisica
Responder

Hoxe celebramos o Día da Árbore plantando árbores froiteiras no patio do noso cole. Na imaxe os nenos e nenas de 1° P plantan un limoeiro e unha laranxeira.

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Raphanus sativus

Publicado o 13 Marzo, 2026 por educacionfisica
Responder

O alumnado de 6° P sementa ravos no horto escolar, amais de limpar as herbas e preparar a terra. 

Raphanus sativus” é o nome científico do ravo branco ou xaponés, unha planta que se cultiva polas súas raíces comestíbeis.  Esta hortaliza é moi rica en vitamina C, fibra e potasio. 

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Unha raiola de sol

Publicado o 12 Febreiro, 2026 por educacionfisica
Responder

Despois de días enteiros de chuvias e treboadas, o alumnado de 5° de Primaria puido ir coa súa mestra ao horto escolar.  

Observaron o crecemento das hortalizas e plantaron patacas. Amais de escoitar con moita atención as explicacións de Manolo, de “Sachos á rúa”.

Publicado en CURSO 25/26 | Deixa unha resposta

Navegación de artigos

← Entradas máis antigas

Artigos recentes

  • VÉMONOS O CURSO QUE VÉN!!
  • Saída escolar ao parque de San Roque
  • Día Mundial do Medio Ambiente
  • Amorodos agromando
  • A recolleita

QUE PLANTAMOS?

  • CARBALLO
  • CASTIÑEIRO
  • PIÑEIROS
  • LIMOEIRO
  • IRIS (LIRIO)
  • NOGUEIRA
  • AGUACATE
  • FRESIA
  • XACINTOS

Comentarios recentes

    Meta

    • Iniciar sesión
    • Feed de entradas
    • Feed de comentarios
    • WordPress.org
    Fornecido con orgullo por WordPress