O alumnado de 3º EP quer poñer en práctica a reprodución das plantas con flor que están a estudar en Ciencias da Natureza así que puxéronse mans á obra para crear un pequeno bosque de aguacates!


O alumnado de 3º EP quer poñer en práctica a reprodución das plantas con flor que están a estudar en Ciencias da Natureza así que puxéronse mans á obra para crear un pequeno bosque de aguacates!


O alumnado de 3º baixou ao horto para recoller as cenorias. Ademais aproveitaron para preparar a terra e plantar uns alliños!
E ata aquí o traballo no horto de este ano, despois das vacacións volveremos a a botarlle mans á terra.
Que pasedes un bo Nadal!!!

O alumnado de 5º achegouse ao horto da escola para sementar chícharos coa axuda de Manolo. Bo traballo, rapazada!

Brócoli, repolo, nabizas, cebolo e cenorias. Cantas variedades de col e hortalizas temos no horto escolar do cole!!
Hoxe compartimos imaxes do día no que plantaron os nenos e nenas de 6° de Primaria.

A pasada semana tivemos a visita de María Luísa, unha barbantesa (mantis relixiosa) moi cuquiña. O alumnado aproveitou a súa visita para investigar cousas sobre os invertebrados e, como non podía ser doutro xeito, facerlle algún que outro bonito retrato.

Os nenos e nenas de 4 ° de Primaria usaron botes de vidro reciclados para facer manualidades de Halloween e Samaín.

O alumnado de 1° de Primaria escoita, con atención, as explicacións de Manolo e Johanna sobre a preparación da terra para sementar brócoli. Tamén toman nota do valor nutritivo desta hortaliza formada por poliñas carnosas con forma de árbore.

As nenas e nenos de 3º de Primaria prepararon a terra e plantaron repolos no horto do cole.
O repolo é unha variedade de col que se emprega moito na gastronomía galega, especialmente no outono e no inverno, en caldos e cocidos.

O alumnado de 2° de Primaria preparou a terra e plantou diferentes variedades de col, como a coliflor e o brócoli.

O alumnado de 4º de Primaria rega o horto escolar no recreo.
