{"id":104,"date":"2020-02-28T09:57:18","date_gmt":"2020-02-28T09:57:18","guid":{"rendered":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/?page_id=104"},"modified":"2020-02-28T09:57:19","modified_gmt":"2020-02-28T09:57:19","slug":"carballo","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/carballo\/","title":{"rendered":"CARBALLO"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"960\" height=\"640\" src=\"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/carballo.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-105\" srcset=\"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/carballo.jpg 960w, https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/carballo-300x200.jpg 300w, https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/carballo-768x512.jpg 768w, https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/carballo-450x300.jpg 450w\" sizes=\"auto, (max-width: 960px) 100vw, 960px\" \/><figcaption><a href=\"https:\/\/pixabay.com\/users\/MabelAmber-1377835\/\">MabelAmber<\/a>, <em>&#8220;Sen t\u00edtulo&#8221;<\/em>, en <a href=\"https:\/\/pixabay.com\/photos\/acorn-nut-oak-tree-tannin-green-3694485\/\">pixabay.org<\/a>, licenza <a href=\"https:\/\/pixabay.com\/es\/service\/license\/\">Pixabay License<\/a><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>O Quercus robur L.\n(\u00e1s veces considerado Quercus pedunculata) co\u00f1\u00e9cese normalmente\ncomo carballo com\u00fan[1], carballo veri\u00f1o, carballo bravo ou\nsimplemente carballo.<\/p>\n\n\n\n<p>O carballo \u00e9 unha\n\u00e1rbore anxiosperma da familia das fag\u00e1ceas, caducifolia, que pode\nchegar aos 15-20 metros de altura. Est\u00e9ndese por zonas de clima\natl\u00e1ntico en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en\nladeiras rochosas, desde o nivel do mar ata os 1 000 metros de\naltitude. \u00c9 unha \u00e1rbore robusta, que pode vivir varios s\u00e9culos e\nacadar os 40 metros de altura con p\u00f3las que comezan xa desde a parte\ninferior.<\/p>\n\n\n\n<p>Cando a formaci\u00f3n \u00e9\nmonoespec\u00edfica, s\u00f3 de carballos, o bosque \u00e9 denoninado\ncarballeira. Se se mesturan outras especies de clima atl\u00e1ntico\ncham\u00e1molo fraga. Foi a especie m\u00e1is abundante e dominante na Europa\natl\u00e1ntica e segue a ser predominante no interior de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>A madeira do\ncarballo \u00e9 de excelente calidade e foi moi empregada na construci\u00f3n\nde embarcaci\u00f3ns, trabes e estruturas das casas (cubertas, forxados),\ntravesas do cami\u00f1o de ferro etc., as\u00ed como na fabricaci\u00f3n de\nmobles e toneis. Tam\u00e9n foi e segue a ser o principal combust\u00edbel\ndas lareiras e coci\u00f1as galegas. O carballo tam\u00e9n tivo uso\nornamental nos lugares p\u00fablicos de Galicia (parques, feiras,\narboredas). Alg\u00fans exemplares moi vellos (carballas) acadan\ndimensi\u00f3ns importantes.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 a \u00e1rbore por\nexcelencia de Galicia. A toponimia galega est\u00e1 chea de referencias a\nesta \u00e1rbore (fitotoponimia): Carballal, Carballedo, O Carballi\u00f1o, A\nCarballa etc. Aparece tam\u00e9n en moitos apelidos: Carballo,\nCarballedo, Carbajal etc. Ademais, a cultura e as lendas galegas\nart\u00e9llanse arredor desta \u00e1rbore, chea de espiritualidade e pasado\nsagrado, sempre vencellado \u00e1 forza (rexo ou forte coma un carballo).\nTam\u00e9n \u00e9 a \u00e1rbore sagrada do Pa\u00eds Vasco, de Alema\u00f1a e, en xeral,\nda cultura celta.[C\u00f3mpre referencia]<\/p>\n\n\n\n<p>O termo carballo en\nGalicia acolle outras especies ademais do Quercus robur L., como o\ncarballo branco ou albar (Quercus petraea), o carballo cerqui\u00f1o\n(Quercus pyrenaica), en menor medida a aci\u00f1eira (Quercus ilex) ou a\nsobreira (Quercus suber) e, m\u00e1is recentemente, o carballo americano\n(Quercus rubra). \n<\/p>\n\n\n\n<p>O Quercus robur \u00e9\nunha \u00e1rbore monoica de grande envergadura e folla caduca (\u00e1s veces,\nno sur de Galicia, marcescente) duns 15-20 metros de alto\n(excepcionalmente acada os 40 m). A circunferencia vai dos 4 aos 12 m\nnas carballas m\u00e1is vellas de Galicia, Asturias ou das Illas\nBrit\u00e1nicas. O carballo de Kaive, na Letonia, cunha circunferencia de\n10,2 m, \u00e9 a \u00e1rbore m\u00e1is grosa de Europa. O tronco \u00e9 groso e\ncurto; a casca, cincenta ou acasta\u00f1ada, crebada. A copa \u00e9 ampla,\novada ou irregular. Adoitan darse as formas tortas e bugallos.<\/p>\n\n\n\n<p>Follas: o Q. robur\nten follas de 7\u201314 cm de longo, alternas, simples, caedizas, cun\npec\u00edolo curto de 2\u20137 mm de longo, e l\u00e1mina obovada, glabra,\npinnatilobada, con 4-6 pares de l\u00f3bulos desiguais, anchos,\novado-oblongos, redondeados no \u00e1pice. Nalg\u00fans exemplares,\nespecialmente no sur de Galicia, onde o clima \u00e9 m\u00e1is temperado, a\nfolla non chega a caer no inverno, a\u00ednda que si cambia a cor\n(marcescencia).<\/p>\n\n\n\n<p>Flores: unisexuais,\nas masculinas en candeas penduradas e amarelas, pequenas, con c\u00e1lice\n5-7 lobado e 5-10 estames. Flores femininas subs\u00e9siles, en grupos de\n2(3) penduradas no extremo dun longo ped\u00fanculo, cada unha con\ninv\u00f3lucro basal ou c\u00fapula formada por numerosas br\u00e1cteas\nescuamiformes soldadas entre si, c\u00e1lice moi reducido e un xineceo\ntricarpelar sinc\u00e1rpico de ovario \u00ednfero e 3 estilos.<\/p>\n\n\n\n<p>Froito: de tipo noz\n(landra) oblongo, duns 2 cm de longo, de pericarpo liso, verde-pardo,\napiculado, con c\u00fapula endurecida a xeito de carapucho, pouco \u00e1spera,\ndenominada cascabullo.<\/p>\n\n\n\n<p>Floraci\u00f3n: florece\nna primavera, ao mesmo tempo que agroman as follas (rebentos\nvermellos); as landras maduran a finais do ver\u00e1n e caen a principios\ndo outono.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9 unha \u00e1rbore moi\nlonxeva. Crese que o carballo de Stelmu\u017e\u0117, na Lituania, ten uns 1\n500 anos, o que o converte na \u00e1rbore m\u00e1is vella de Europa; doutro\nexemplar, ao que lle chaman Kongeegen (&#8216;Carballo dos Reis&#8217;), p\u00e9nsase\nque ten 1 200 anos e fica en Jaegerspris, Dinamarca. Tam\u00e9n hai bos\nexemplares en Alema\u00f1a e nas Illas Brit\u00e1nicas.<\/p>\n\n\n\n<p>En Espa\u00f1a hai bos\nexemplares no Pa\u00eds Vasco; a venerada \u00e1rbore de Gernika pertence a\nesta especie. En Asturias, na Reserva Natural Integral de Muniellos,\nat\u00f3pase o Carballo de San Valent\u00edn, de 11 m de circunferencia. Ten\nuns 750-850 anos.<\/p>\n\n\n\n<p>En Galicia atopamos exemplares salient\u00e1beis en todos os concellos. Na entrada da vila de Taboada existe o Carballo de Ramos, que lle d\u00e1 nome \u00e1 parroquia San Tom\u00e9 do Carballo. En Silleda hai un bo exemplar a car\u00f3n do Pazo de Taboada. No Incio tam\u00e9n hai bos exemplares de casti\u00f1eiros e carballos na parroquia de San Pedro e, na parroquia de Val de Mao, hai unha vella carballa catalogada entre as de maior porte de Galicia.  <\/p>\n\n\n\n<p>FONTE: <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Carballo_com%C3%BAn\">http:\/\/wikipedia.org<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Quercus robur L. (\u00e1s veces considerado Quercus pedunculata) co\u00f1\u00e9cese normalmente como carballo com\u00fan[1], carballo veri\u00f1o, carballo bravo ou simplemente carballo. O carballo \u00e9 unha \u00e1rbore anxiosperma da familia das fag\u00e1ceas, caducifolia, que pode chegar aos 15-20 metros de altura. &hellip; <a href=\"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/carballo\/\">Sigue lendo <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":18,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-104","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/104","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/users\/18"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=104"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/104\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":106,"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/104\/revisions\/106"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=104"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}