{"id":92,"date":"2020-02-28T09:39:47","date_gmt":"2020-02-28T09:39:47","guid":{"rendered":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/?page_id=92"},"modified":"2020-02-28T09:39:48","modified_gmt":"2020-02-28T09:39:48","slug":"iris-lirio","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/iris-lirio\/","title":{"rendered":"IRIS (LIRIO)"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"960\" height=\"638\" src=\"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/lirio.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-93\" srcset=\"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/lirio.jpg 960w, https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/lirio-300x199.jpg 300w, https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/lirio-768x510.jpg 768w, https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/lirio-451x300.jpg 451w\" sizes=\"auto, (max-width: 960px) 100vw, 960px\" \/><figcaption><a href=\"https:\/\/pixabay.com\/users\/ADGC-32636\/\">ADGC<\/a>, <em>&#8220;Sen t\u00edtulo&#8221;<\/em>, en <a href=\"https:\/\/pixabay.com\/photos\/water-lily-white-aquatic-plant-140727\/\">pixabay.org<\/a>, licenza <a href=\"https:\/\/pixabay.com\/es\/service\/license\/\">Pixabay License<\/a><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Os lirios son un\ngrupo de plantas pertences ao x\u00e9nero Iris. Son plantas bulbosas da\nfamilia Iridaceae con vistosas flores, cuxo nome deriva do lat\u00edn\narco iris (arco da vella), refer\u00edndose \u00e1 extensa variedade de cores\nflorais que pos\u00faen as s\u00faas moitas especies e cultivares de xard\u00edn.\nAs especies est\u00e1n amplamente distribu\u00eddas por todas as rexi\u00f3ns\ntemperadas do hemisferio norte. Os seus h\u00e1bitats son moi diversos,\nabarcando dende as rexi\u00f3ns fr\u00edas en abas herbosas, devesas,\nribeiras at\u00e9 desertos de Europa, Medio Oriente e \u00c1frica do Norte e\npor toda Am\u00e9rica do Norte.<\/p>\n\n\n\n<p>En Galiza atopamos\nvarias especies bravas, entre as que salienta o lirio amarelo das\ncharcas (Iris pseudacorus). Os lirios tam\u00e9n son cultivados coma\nplantas ornamentais de todo o pa\u00eds, pola s\u00faa flor: o lis. C\u00f3mpre\nsalientar unha especie end\u00e9mica de Galiza: o lirio de monte ou lirio\ndo Xur\u00e9s (Iris boissieri), que s\u00f3 medra na serra do Xur\u00e9s, O\nCourel e o Monte Pindo. \n<\/p>\n\n\n\n<p>Son plantas\nherb\u00e1ceas perennes que medran de rizomas rastreiros (Iris\nrizomatosos) ou, en climas m\u00e1is secos, de bulbos (Iris bulbosos).\nPos\u00faen longos e erectos talos florais, que poden ser simples ou\nramificados, macizos ou ocos. Estes talos poden ser aplanados ou con\nsecci\u00f3ns circulares transversais. As follas, en n\u00famero de 3 a 10,\nen forma de espada forman unha masa mesta na parte basal da planta.<\/p>\n\n\n\n<p>As inflorescencias\nxorden en forma de abano e conte\u00f1en unha ou m\u00e1is flores de seis\nl\u00f3bulos sim\u00e9tricos e lixeiramente recendentes. Os tres s\u00e9palos\n\u00e1brense ou incl\u00ednanse cara abaixo, espall\u00e1ndose dende a estreita\nbase cara afora; a mi\u00fado est\u00e1n adornados con li\u00f1as ou puntos. Os\ntres p\u00e9talos \u00e9rguense, parcialmente detr\u00e1s dos s\u00e9palos basais.\nAlgunhas especies mi\u00fadas te\u00f1en os seis l\u00f3bulos apuntando\ndirectamente cara f\u00f3ra. Os s\u00e9palos e p\u00e9talos difiren uns dos\noutros. Est\u00e1n unidos na base ao tubo floral situado sobre o ovario.\nOs estilos div\u00eddense cara o \u00e1pice convert\u00e9ndose en ramificaci\u00f3ns\npetaloides. \n<\/p>\n\n\n\n<p><br>A variedade de\nxard\u00edn m\u00e1is com\u00fan \u00e9 o Iris germanica. As diferentes formas bravas\ne h\u00edbridos naturais de Iris pallida e Iris variegata forman o piar\nda meirande parte dos h\u00edbridos barbados modernos. Os lirios medianos\n(intermedios, miniatura altos etc.) derivan de cruzamentos entre as\nvariedades altas e ananas. Outros tipos de lirios com\u00fans de xard\u00edn\nson I. siberica e os seus h\u00edbridos (lirios siberianos) e I ensata e\nos seus h\u00edbridos (lirios xaponeses).<\/p>\n\n\n\n<p>A variedade de lirio\nbarbado \u00e9 tam\u00e9n a m\u00e1is doada de cultivar e de propagar, crecendo\nen calquera zona de xard\u00edn con bo solo. Soamente as variedades m\u00e1is\npequenas e delicadas necesitar\u00e1n a axuda de fertilizantes, e solos\nm\u00e1is ricos, por exemplo de turbas ou arxilas, para os manter con boa\naparencia. Os que florean m\u00e1is cedo son as variedades ananas de Iris\npumilla, que o fan durante marzo, abril e maio. Durante este \u00faltimo\nmes e todo xu\u00f1o florean a maior\u00eda dos &#8220;barbados altos&#8221;,\ntales como I. germanica, I. florentina, I. pallida, I. variegata, I.\namoena, I.flavescens, I. sambucina, I. neglecta, I. ruthenica e os\nseus h\u00edbridos. I. unguicularis \u00e9 unha destac\u00e1bel especie de\ninverno, procedente de Alxeria con flores azul ceo manchadas de\namarelo que se dan (no hemisferio norte) a intervalos regulares desde\nnovembro at\u00e9 marzo.<\/p>\n\n\n\n<p>Moitas especies pequenas bulbosas poden podrecer con exceso de auga, polo que o solo debe ter unha boa drenaxe, ademais de que deber\u00edan estar plantados en zonas sollosas. As especeis de inverno (I. milifolia, I. junonia, I. danfordiae, I. reichenbachii e algunhas outras que florean en febreiro e marzo) c\u00f3mpre abeiralas cunha camada duns 15 cm de follas secas, casca de pi\u00f1eiro ou fibra de coco.  <\/p>\n\n\n\n<p>FONTE: <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Lirio\">http:\/\/wikipedia.org<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os lirios son un grupo de plantas pertences ao x\u00e9nero Iris. Son plantas bulbosas da familia Iridaceae con vistosas flores, cuxo nome deriva do lat\u00edn arco iris (arco da vella), refer\u00edndose \u00e1 extensa variedade de cores florais que pos\u00faen as &hellip; <a href=\"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/iris-lirio\/\">Sigue lendo <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":18,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-92","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/92","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/users\/18"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=92"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/92\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":94,"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/92\/revisions\/94"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=92"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}