{"id":98,"date":"2020-02-28T09:49:17","date_gmt":"2020-02-28T09:49:17","guid":{"rendered":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/?page_id=98"},"modified":"2020-02-28T09:49:18","modified_gmt":"2020-02-28T09:49:18","slug":"pineiros","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/pineiros\/","title":{"rendered":"PI\u00d1EIROS"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"960\" height=\"639\" src=\"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/pinos.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-99\" srcset=\"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/pinos.jpg 960w, https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/pinos-300x200.jpg 300w, https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/pinos-768x511.jpg 768w, https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-content\/uploads\/sites\/20\/2020\/02\/pinos-451x300.jpg 451w\" sizes=\"auto, (max-width: 960px) 100vw, 960px\" \/><figcaption><a href=\"https:\/\/pixabay.com\/users\/JillWellington-334088\/\">JillWellington<\/a>, <em>&#8220;Sen t\u00edtulo&#8221;<\/em>, en <a href=\"https:\/\/pixabay.com\/photos\/pine-cones-pine-branch-cones-pine-2823765\/\">pixabay.org<\/a>, licenza <a href=\"https:\/\/pixabay.com\/es\/service\/license\/\">Pixabay License<\/a><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Os pi\u00f1eiros son\n\u00e1rbores con\u00edferas (raramente arbustos) perennes pertencentes ao\nx\u00e9nero Pinus, da familia Pinaceae e da subfamilia Pinoideae, e xa\nque logo abrangue diversas especies, a maior parte delas nativas do\nhemisferio Norte. O pi\u00f1eiro presenta unha ramificaci\u00f3n\nfrecuentemente verticilada e m\u00e1is ou menos regular.<\/p>\n\n\n\n<p>Son hoxe en d\u00eda\ncom\u00fans na paisaxe galega, maiormente por mor das reforestaci\u00f3ns\nefectuadas nos s\u00e9culos XIX e XX sobre uceiras, fragas e carballeiras\npara o aproveitamento principalmente madeireiro. Con todo o pi\u00f1eiro\nbravo (Pinus pinaster) p\u00f3dese considerar unha especie aut\u00f3ctona,\nsendo ademais xunto co carballo e o toxo un dos s\u00edmbolos bot\u00e1nicos\ndo pa\u00eds, que incluso aparece referenciado no himno. \n<\/p>\n\n\n\n<p>A copa pode ser\npiramidal ou redondeada e, nas \u00e1rbores adultas, ancha e deprimida.\nOs macroblastos presentan follas escuamiformes sen clorofila, mentres\nque os braquiblastos son moi curtos, cunha va\u00ed\u00f1a membranosa de\nescamas e est\u00e1n rematados por entre d\u00faas e cinco follas lineares ou\naciculares, con d\u00faas ou m\u00e1is canles resin\u00edferas cada unha. Os\nconos masculinos desenv\u00f3lvense na base dos gromos anuais. Os\nestr\u00f3bilos ou &#8216;pi\u00f1as&#8217; presentan escamas persistentes: as tectrices\nson rudimentarias e inclusas, e as semin\u00edferas acostuman presentar\nunha protuberancia ou embigo na s\u00faa parte externa (ap\u00f3fose).\nMaduran bianual o trienalmente. As sementes son aladas coa testa m\u00e1is\nou menos lignificada. \u00c1s veces son comest\u00edbeis (pi\u00f1\u00f3ns).<\/p>\n\n\n\n<p>Os pi\u00f1eiros\nproducen resina. A casca da maior\u00eda dos pi\u00f1eiros \u00e9 grosa e\nnalgunhas especies \u00e9 escamosa. Os rebentos prod\u00facense en\ninflorescencias regulares, que de feito son unha espiral moi apertada\ncomo se fose un anel de rebentos que xurdisen do mesmo punto. Moitas\nespecies de pi\u00f1eiros son uninodais, \u00e9 dicir, producen s\u00f3 un\nverticilo de rebentos por ano, no inicio da \u00e9poca de floraci\u00f3n,\nmais outras son multinodais, e producen dous ou m\u00e1is verticilos por\nano. Na primavera os rebentos son de cor m\u00e1is clara, apuntan cara\narriba e despois van escurecendo. Estes rebentos primaverais serven\npara avaliar o estado nutricional das plantas.<\/p>\n\n\n\n<p>Os pi\u00f1eiros te\u00f1en\ncatro tipos de follas que van aparecendo progresivamente na planta.<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\"><li>un verticilo de\n\t4-20 follas de sementes (cotiled\u00f3ns)\n\t<\/li><li>follas xuven\u00eds\n\tnas plantas novas, de 2 a 6 cm de ancho, simples, verdes ou\n\tverde-azuladas, dispostas en espiral no rebento. Estas follas\n\tpermanecen na planta unicamente durante a primeira fase, que pode\n\testenderse de seis meses a cinco anos.\n\t<\/li><li>follas\n\tprotectoras, que substit\u00faen as anteriores, similares a balanzas,\n\tpequenas, pardas e non-fotosint\u00e9ticas, que se dispo\u00f1en coa mesma\n\tdistribuci\u00f3n c\u00e1s follas xuven\u00eds;\n\t<\/li><li>as follas\n\tadultas ou agullas, de cor verde, (fotosint\u00e9ticas), agrupadas en\n\tgrupos (fasc\u00edculos) de entre 2 e 5 agullas (ocasionalmente 1 ou 6).\n\tCada fasc\u00edculo prod\u00facese a partir dun pequeno rebento no eixo\n\tdunha folla protectora. As agullas permanecen na planta por espazos\n\tque poden ir dende o ano e medio ata os 40 anos, dependendo das\n\tespecies. Se un rebento fose danado (se o comese un animal, p.ex.),\n\tos fasc\u00edculos de agullas immediatamente inferiores producir\u00e1n un\n\tnovo rebento que substit\u00faa o anterior.\n<\/li><\/ul>\n\n\n\n<p>Pi\u00f1eiro manso\n(Pinus pinea)<\/p>\n\n\n\n<p>Os pi\u00f1eiros son\nmonoicos, \u00e9 dicir, conte\u00f1en \u00f3rganos masculinos e femininos (conos)\nna mesma \u00e1rbore. Os conos machos son pequenos, de 1 a 5 cm de ancho,\ne s\u00f3 aparecen durante un curto per\u00edodo (normalmente na primavera;\nnun n\u00famero reducido de especies, no outono), ata que caen cando o\nseu pole se dispersa. Os conos femininos botan de 1,5 a 3 anos\n(dependendo da especie) madurecendo e, logo da polinizaci\u00f3n, a\nfertilizaci\u00f3n a\u00ednda pode durar un ano m\u00e1is. Na s\u00faa madurez, os\nconos femininos te\u00f1en de 3 a 60 cm de ancho. Cada cono ten numerosas\nfollas protectoras dispostas en espiral, e cada unha delas cont\u00e9n\nd\u00faas sementes f\u00e9rtiles. As follas protectoras mais pr\u00f3ximas \u00e1\nbase do cono son pequenas e est\u00e9riles, sen sementes.<\/p>\n\n\n\n<p>O ritmo de\ncrecemento en espiral das p\u00f3las e das agullas e as proporci\u00f3ns das\npi\u00f1as seguen a ratio do n\u00famero de Fibonacci.<\/p>\n\n\n\n<p>A maior\u00eda das sementes son pequenas e te\u00f1en \u00e1s para que as disperse o vento (anemofilia), pero algunhas son maiores e pos\u00faen unicamente unha \u00e1 vestixial co que te\u00f1en que ser dispersadas polas aves (Nucifraga caryocatactes, Nucifraga columbiana, Gymnorhinus cyanocephalus&#8230;) ou por esqu\u00edos. A madurez do cono chega, por regra xeral, cando se abre e libera as sementes, pero nas especies onde as aves son os veh\u00edculos de propagaci\u00f3n (p.ex. Pinus albicaulis), \u00e9 o animal quen debe fender o recept\u00e1culo do cono para abrilo. Noutras especies, que dependen de incendios forestais para a s\u00faa reproduci\u00f3n, o lume abre unha gran cantidade de conos depositada ao longo dos anos asemade que destr\u00fae a \u00e1rbore-nai, co que se repoboa o bosque.  <\/p>\n\n\n\n<p>FONTE: <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Pi%C3%B1eiro\">http:\/\/wikipedia.org<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os pi\u00f1eiros son \u00e1rbores con\u00edferas (raramente arbustos) perennes pertencentes ao x\u00e9nero Pinus, da familia Pinaceae e da subfamilia Pinoideae, e xa que logo abrangue diversas especies, a maior parte delas nativas do hemisferio Norte. O pi\u00f1eiro presenta unha ramificaci\u00f3n frecuentemente &hellip; <a href=\"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/pineiros\/\">Sigue lendo <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":18,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-98","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/98","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/users\/18"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=98"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/98\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":100,"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/98\/revisions\/100"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/bitacoras.ceipdeolveira.org\/voznatura\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=98"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}