Benvid@s á bitácora de educación infantil de 4 anos do CEIP de Olveira.
Aniversarios mes de abril

Con abril chegando ao seu fina tocaría celebrar na clase os aniversarios de Álvaro e Christian, así que moitas felicidades pequechos!!
Día do Libro
Boas familias para celebrar o Día do Libro, aquí vos deixo algunhas propostas



E se vos queredes mandar as vosas suexstións lectoras xa sabedes. Animádevos!
Máis xogos matemáticos
Déixovos un novo enlace a Penyagolosa con xogos matemáticos moi entretidos.

E como van as plantiñas?
Aquí vos deixo unha imaxe de como van evolucionando os bulbos.

A miña pequena plantación
Boas familias, como non hai mellor que unha imaxe, aquí vos deixo as fotiños das miñas lentellas. Unhas planteinas con algodón, as outras con papel de cociña, e xa se van vendo os resultados. Que tal as vosas?
As nosas plantiñas
Amosovos unhas imaxes de como van as nosas plantiñas.
As primeiras son as que tiñamos na clase, e algunhas nenas e nenos tiveron a oportunidade de levalas para a casa e transplantalas, pero a maioría deles non. Por este motivo fixemos unha nova plantación, pero con este parón… Agora están na casa dunha compañeira, a ver se as podemos ver grandiñas á volta.
Plantación de lentellas
ANIVERSARIOS

Ante estes días tan complicados para os pequechos non se me esquece que algún deles coincide co seu aniversario. Neste mes de marzo, tiñamos a varias nenas e nenos de aniversario, algúns deles puideron recibir o agasallo dos seus compañeiros pero outros non. Aquí vos deixo un adianto e cando volvamos continuaremos festexando. Moitos tiróns de orellas para Enzo, Martín, Xiana, Tomás e Ángel.
Pintamos con burbullas de cores
Déixovos o enlace á páxina de actividades infantiles onde podedes ver como se fai a pintura en espuma.

Pintura de dedos cremosa
Aquí tedes o enlace a unha receita de pintura de dedos cremosa de actividades infantil.










