E como van as plantiñas?

Aquí vos deixo unha imaxe de como van evolucionando os bulbos.

De arriba abaixo, e de esquerda a dereita recordo que son as de: Roi, Ángel e Elia, Martín F, Joel e Martín L., Xiana e Lois, Enzo e Víctor, Damián. Son as que máis clariñas se ven, son variadas, a ver se seguen así e se poden transplantar.

As nosas plantiñas

Amosovos unhas imaxes de como van as nosas plantiñas.

As primeiras son as que tiñamos na clase, e algunhas nenas e nenos tiveron a oportunidade de levalas para a casa e transplantalas, pero a maioría deles non. Por este motivo fixemos unha nova plantación, pero con este parón… Agora están na casa dunha compañeira, a ver se as podemos ver grandiñas á volta.

ANIVERSARIOS

Ante estes días tan complicados para os pequechos non se me esquece que algún deles coincide co seu aniversario. Neste mes de marzo, tiñamos a varias nenas e nenos de aniversario, algúns deles puideron recibir o agasallo dos seus compañeiros pero outros non. Aquí vos deixo un adianto e cando volvamos continuaremos festexando. Moitos tiróns de orellas para Enzo, Martín, Xiana, Tomás e Ángel.