
Moi boas!
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP de Olveira, queremos darvos a benvida á nosa bitácora.
Este curso decidimos facernos o noso espazo na rede para poder compartir con toda a comunidade educativa aquelas novas de interese relacionadas coa nosa lingua e co noso centro.
Asemade, tedes á vosa disposición unha dirección de correo electrónico para poder comunicarvos con nós:
linguaolveira@gmail.com