Xogos con Colchonetas

As colchonetas sempre é un material que da moito xogo, e moi motivador para o alumnado. Aquí vos deixamos unha mostra de algúns dos xogos que facemos con elas.

O Pegol: Deporte alternativo de golpeo do balón

O traballo grande dos rapaces e rapazas de 6º foi ao redor do Pégol, un deporte alternativo onde o máis complexo é que os pases fanse golpeando o balón e que, para marcar tanto, é imprescindible o traballo coordinado de ‘pasador/a’ e ‘marcador/a’.

Bo traballo!

O Cestomóbil: Deporte alternativo de encestar!

Como ben sabedes as alumnas e os alumnos de 4º Curso estiveron a traballar no Cestomóbil, un deporte alternativo que consiste en encestar unha pelota dentro dun aro que está agarrado por un compañeiro/a, podendo axudar a que a canastra se leve a cabo.

Custou arrancar ao principio, pero ao final collémoslle o tranganillo e chegamos a practicalo de maneira efectiva.

Grazas pola vosa implicación.