O Bádminton: deporte de raqueta

O Bádminton é un deporte de raqueta que se practica nunha cancha dividida por unha rede nas modalidades de 1 -vs- 1 ou de 2 -vs- 2.

Polas súas características: pouco peso das raquetas e das plumas, campo reducido,…, é moi axeitado para a súa iniciación en Educación Primaria.

Durante este curso, o alumnado de sexto estivo aprendendo os aspectos básicos deste deporte.

XOGOS CON MATERIAL DE REFUGALLO: Pompón e bolas de malabares

Na área de Educación Física confeccionamos unha serie de materias reutilizando obxectos que ían para o lixo, para poder usalos despois en varios xogos dentro da clase. En concreto fixemos catro tipos de materiais: bolos, receptáculos e pompóns e bolas de malabares.

O alumnado que participou nesta experiencia foron as rapazas e rapaces de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria. Cada un dos cursos elaborou un material que compartiron para poder practicar todos os xogos.

CONFECCIÓN DO MATERIAL

Os pompóns, así como as bolas de malabares, foron confeccionados polo alumnado de 3º de Ed. Primaria. Para isto reutilizamos camisetas vellas, coas que preparamos unha especie de fío chamado ‘trapillo’. Os pasos a seguir son moi sinxelos:

Para os pompóns:

  1. Cortamos as camisetas en tiras finas para confeccionar fío.
  2. Enrollamos o trapillo na man, canto máis trapillo, máis gordo quedará o noso
    pompón.
  3. Sacamos o rollo daman, sen desfacelo, e atámolo pola metade.
  4. Cortamos os extremos do fío, coidadosamente, para que non se nos pase ningún.
  5. Coas man imos dándolle forma e coas tesoiras repasamos as puntas do fío para
    que ningún sobresaia máis que os outros.

Para as bolas:

  1. Cortamos as camisetas en tiras finas para confeccionar fío.
  2. Enrollamos o trapillo pouco a pouco facendo unha pequena boliña.
  3. Seguimos a enrollar o trapillo para facer medrar a bola. Importante que quede ben
    apretado.
  4. Por último fixamos a punta do trapillo que nos queda entre o que xa está enrollado
    na bola.

PROPOSTA DE XOGOS CO MATERIAL ELABORADO
A continuación, amosamos unha proposta de varios xogos que se poden levar a cabo con estes obxectos feitos con material de refugallo.

Aproveitamos os pompóns para facer unha iniciación aos malabares seguindo os seguintes pasos:

Con un pompón:

  1. Lanzarcunhamanerecollercoamesma.Variante:cambiodeman.
  2. Lanzamos cunha man e recollemos coa outra. Variante: diferentes tipos de
    lanzamentos (por debaixo do brazo, das pernas, por detrás da cabeza,…)

Con dous pompóns:

  1. Lanzar cunha man e recoller coa mesma. O outro pompón non se lanza ao aire pero acompáñase coa man seguindo a dirección do que se lanza. Variante: cambio de man.
  2. Lanzamos un pompón cunha man e o outro coa outra. Recollemos cada pompón coa man que se lanzou. Variantes: de xeito simultáneo ou alternativo.
  3. Lanzamos un pompón cunha man para recollelo coa outra. Mentres o primeiro pompón está no aire, pasamos o segundo pompón de man en man. Variante: cambiar a dirección dos pompóns.
  4. Lanzamos un pompón cunha man para recollelo coa outra. Mentres o primeiro pompón está no aire, pasamos o segundo pompón polo aire de unha a outra man. Variantes: Cambiar a dirección dos pompóns. Ir incrementando a fase de voo do segundo pompón.
  5. Lanzamos e recollemos dous pompóns coa mesma man de xeito que cando un está chegando arriba de todo da súa traxectoria, lanzamos o seguinte.

Con tres pompóns:

  1. Lanzamos e recollemos dous pompóns coa mesma man de xeito que cando un está chegando arriba de todo da súa traxectoria, lanzamos o seguinte. O terceiro pompón non se lanza ao aire pero acompáñase coa man seguindo a dirección dos que se lanzan. Variante: cambio de man.
  2. Comezamos con dous pompóns nunha man e un na outra. Imos a lanzar os pompóns de forma que describan un “ X ” comezando pola man que ten dous pompóns na man e seguindo de xeito alternativo. Variante: comezamos cos dous pompóns na outra man.
  3. Comezamos con dous pompóns nunha man e un na outra. Imos a lanzar os pompóns de forma que describan un “ O ” comezando pola man que ten dous pompóns na man e seguindo de xeito alternativo. Variante: cambio de dirección.

XOGOS CON MATERIAL DE REFUNGALLO: Receptáculos

Na área de Educación Física confeccionamos unha serie de materias reutilizando obxectos que ían para o lixo, para poder usalos despois en varios xogos dentro da clase. En concreto fixemos catro tipos de materiais: bolos, receptáculos e pompóns e bolas de malabares.

O alumnado que participou nesta experiencia foron as rapazas e rapaces de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria. Cada un dos cursos elaborou un material que compartiron para poder practicar todos os xogos.

CONFECCIÓN DO MATERIAL
Os receptáculos foron confeccionados polo alumnado de 2º de Ed. Primaria. Para isto reutilizaremos botellas de deterxente e suavizante grandes (con asa), que preparamos e decoramos axeitadamente. Os paso a seguir son moi sinxelos:

  1. Limpamos os botes e sacámoslle tódolos adhesivos,tapas,…
  2. Recortamos a parte inferior da botella que é por onde entrarán as pelotas para xogar.
  3. Decorámolos con adhesivos e rotuladores.

PROPOSTA DE XOGOS CO MATERIAL ELABORADO
A continuación, amosamos unha proposta de varios xogos que se poden levar a cabo con estes obxectos feitos con material de refugallo.

  1. Malabarismos: De xeito individual, cada un con un receptáculo e unha pelota de tenis (tamén reciclada) teñen que facer diversos lanzamentos e recepcións sen que a pelota lle caia ao chan. Pode lanzar coa man ou co receptáculo, pasar por debaixo das pernas, detrás do corpo, cunha man, coa outra,…, pero sempre deben recollela co receptáculo.
  2. Lanzamentos-Recepcións: Por parellas, cada un con un receptáculo xogamos a pasar a pelota e recollela cos receptáculos. Podemos facer diversas variacións:▪ Lanzar coa man ou co receptáculo. ▪ Número de pelotas: unha ou dúas. ▪ Pases con bote ou sen bote. ▪ En estático ou en movemento.▪ Variando distancias.
  3. Rondo: En pequenos grupos facemos un círculo e un pasa a quedar no medio. Temos que pasarnos a pelota e recollela co receptáculo sen que a pelota caia ao chan e sen que o do medio intercepte os pases.
  4. Dez pases: Dividimos a clase en dous grandes grupos. Cada grupo debe conseguir facer dez pases seguidos sen que caia a pelota e sen pasarlle ao compañeiro que che acaba de pasar. É imprescindible contar os pases realizados correctamente en voz alta. Podemos xogar coas seguintes variacións:▪ Lanzar coa man ou co receptáculo. ▪ Pases con bote ou sen bote. ▪ En estático ou en movemento. ▪ Con un defensa, dous, tres…
  5. Frontón: Hai que lanzar a pelota contra unha parede e recollela co receptáculo. A pelota só pode dar un bote cando volve da parede, mentres que cando a lanzamos debe ir directamente ao muro. Se non se acada, perdemos o punto. Podemos xogar coas seguintes variantes:▪ Lanzar coa man ou co receptáculo. ▪ Xogar un só, un contra un, por parellas ou en pequeno grupo cunhaorde na que deben actuar.
  6. Xogamos ao Receptáculo-Gol: Deporte alternativo que consiste en chegar a unha zona do campo e recibir a pelota co receptáculo para marcar tanto. Os pases poden facerse coa man ou co receptáculo. As recepcións deben ser sempre co receptáculo. O xogador que ten a posesión da pelota non pode moverse do chan, só pivotar.

XOGOS CON MATERIAL DE REFUGALLO: Bolos

Na área de Educación Física confeccionamos unha serie de materias reutilizando obxectos que ían para o lixo, para poder usalos despois en varios xogos dentro da clase. En concreto fixemos catro tipos de materiais: bolos, receptáculos e pompóns e bolas de malabares.

O alumnado que participou nesta experiencia foron as rapazas e rapaces de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria. Cada un dos cursos elaborou un material que compartiron para poder practicar todos os xogos.

CONFECCIÓN DO MATERIAL
Os bolos foron confeccionados polo alumnado de 1º de Ed. Primaria. Para isto reutilizaremos os botes das pelotas de tenis, que preparamos e decoramos axeitadamente. Os paso a seguir son moi sinxelos:

  1. Limpamos os botes e sacámoslle tódolos adhesivos.
  2. Enchemos os botes con serrín que aumenta un pouco o peso da botella pero sen ser excesivo. Asemade, fai de fondo decorativo.
  3. Fixamos a tapa con cinta adhesiva para evitar que se perda e que se baleiren os botes.

PROPOSTA DE XOGOS CO MATERIAL ELABORADO
A continuación, amosamos unha proposta de varios xogos que se poden levar a cabo con estes obxectos feitos con material de refugallo.

  1. Xogos de Bolos: Colocamos os bolos en forma de triángulo: 3 atrás + 2 medio + 1 diante e intentamos derribalos con unha pelota. Cada vez que derribamos un sumamos un punto.
  2. Bolos con puntuación: Colocamos os bolos en forma de triángulo: 3 atrás + 2 medio + 1 diante e intentamos derribalos con unha pelota. Os bolos da fila de atrás valen 3 puntos, os do medio 2 puntos e o de diante de todo 1 punto.
  3. Bolos de cor…: Colocamos os bolos en forma de triángulo: 3 atrás + 2 medio + 1 diante e intentamos derribalos con unha pelota. Para cada ronda a mestra/mestre dirá a cor dos bolos que debemos tirar.
  4. Bolos en fila: Colocamos os bolos en fila, un detrás de outro, e intentamos derribalos con unha pelota. Cada vez que derribamos un sumamos un punto.
  5. Slalon: Colocamos os bolos en fila, un detrás de outro, separados medio metro aproximadamente. Intentamos conducir unha pelota polo medio deles sen derribalos: primeiro coas mans e logo cos pés.
  6. Torre de bolos: Por grupos, intentamos facer unha torre moi alta cos bolos sen que caian. O grupo que a faga máis grande gaña.