XOGOS CON MATERIAL DE REFUNGALLO: Receptáculos

Na área de Educación Física confeccionamos unha serie de materias reutilizando obxectos que ían para o lixo, para poder usalos despois en varios xogos dentro da clase. En concreto fixemos catro tipos de materiais: bolos, receptáculos e pompóns e bolas de malabares.

O alumnado que participou nesta experiencia foron as rapazas e rapaces de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria. Cada un dos cursos elaborou un material que compartiron para poder practicar todos os xogos.

CONFECCIÓN DO MATERIAL
Os receptáculos foron confeccionados polo alumnado de 2º de Ed. Primaria. Para isto reutilizaremos botellas de deterxente e suavizante grandes (con asa), que preparamos e decoramos axeitadamente. Os paso a seguir son moi sinxelos:

  1. Limpamos os botes e sacámoslle tódolos adhesivos,tapas,…
  2. Recortamos a parte inferior da botella que é por onde entrarán as pelotas para xogar.
  3. Decorámolos con adhesivos e rotuladores.

PROPOSTA DE XOGOS CO MATERIAL ELABORADO
A continuación, amosamos unha proposta de varios xogos que se poden levar a cabo con estes obxectos feitos con material de refugallo.

  1. Malabarismos: De xeito individual, cada un con un receptáculo e unha pelota de tenis (tamén reciclada) teñen que facer diversos lanzamentos e recepcións sen que a pelota lle caia ao chan. Pode lanzar coa man ou co receptáculo, pasar por debaixo das pernas, detrás do corpo, cunha man, coa outra,…, pero sempre deben recollela co receptáculo.
  2. Lanzamentos-Recepcións: Por parellas, cada un con un receptáculo xogamos a pasar a pelota e recollela cos receptáculos. Podemos facer diversas variacións:▪ Lanzar coa man ou co receptáculo. ▪ Número de pelotas: unha ou dúas. ▪ Pases con bote ou sen bote. ▪ En estático ou en movemento.▪ Variando distancias.
  3. Rondo: En pequenos grupos facemos un círculo e un pasa a quedar no medio. Temos que pasarnos a pelota e recollela co receptáculo sen que a pelota caia ao chan e sen que o do medio intercepte os pases.
  4. Dez pases: Dividimos a clase en dous grandes grupos. Cada grupo debe conseguir facer dez pases seguidos sen que caia a pelota e sen pasarlle ao compañeiro que che acaba de pasar. É imprescindible contar os pases realizados correctamente en voz alta. Podemos xogar coas seguintes variacións:▪ Lanzar coa man ou co receptáculo. ▪ Pases con bote ou sen bote. ▪ En estático ou en movemento. ▪ Con un defensa, dous, tres…
  5. Frontón: Hai que lanzar a pelota contra unha parede e recollela co receptáculo. A pelota só pode dar un bote cando volve da parede, mentres que cando a lanzamos debe ir directamente ao muro. Se non se acada, perdemos o punto. Podemos xogar coas seguintes variantes:▪ Lanzar coa man ou co receptáculo. ▪ Xogar un só, un contra un, por parellas ou en pequeno grupo cunhaorde na que deben actuar.
  6. Xogamos ao Receptáculo-Gol: Deporte alternativo que consiste en chegar a unha zona do campo e recibir a pelota co receptáculo para marcar tanto. Os pases poden facerse coa man ou co receptáculo. As recepcións deben ser sempre co receptáculo. O xogador que ten a posesión da pelota non pode moverse do chan, só pivotar.

Deixa unha resposta