XOGOS CON MATERIAL DE REFUGALLO: Bolos

Na área de Educación Física confeccionamos unha serie de materias reutilizando obxectos que ían para o lixo, para poder usalos despois en varios xogos dentro da clase. En concreto fixemos catro tipos de materiais: bolos, receptáculos e pompóns e bolas de malabares.

O alumnado que participou nesta experiencia foron as rapazas e rapaces de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria. Cada un dos cursos elaborou un material que compartiron para poder practicar todos os xogos.

CONFECCIÓN DO MATERIAL
Os bolos foron confeccionados polo alumnado de 1º de Ed. Primaria. Para isto reutilizaremos os botes das pelotas de tenis, que preparamos e decoramos axeitadamente. Os paso a seguir son moi sinxelos:

  1. Limpamos os botes e sacámoslle tódolos adhesivos.
  2. Enchemos os botes con serrín que aumenta un pouco o peso da botella pero sen ser excesivo. Asemade, fai de fondo decorativo.
  3. Fixamos a tapa con cinta adhesiva para evitar que se perda e que se baleiren os botes.

PROPOSTA DE XOGOS CO MATERIAL ELABORADO
A continuación, amosamos unha proposta de varios xogos que se poden levar a cabo con estes obxectos feitos con material de refugallo.

  1. Xogos de Bolos: Colocamos os bolos en forma de triángulo: 3 atrás + 2 medio + 1 diante e intentamos derribalos con unha pelota. Cada vez que derribamos un sumamos un punto.
  2. Bolos con puntuación: Colocamos os bolos en forma de triángulo: 3 atrás + 2 medio + 1 diante e intentamos derribalos con unha pelota. Os bolos da fila de atrás valen 3 puntos, os do medio 2 puntos e o de diante de todo 1 punto.
  3. Bolos de cor…: Colocamos os bolos en forma de triángulo: 3 atrás + 2 medio + 1 diante e intentamos derribalos con unha pelota. Para cada ronda a mestra/mestre dirá a cor dos bolos que debemos tirar.
  4. Bolos en fila: Colocamos os bolos en fila, un detrás de outro, e intentamos derribalos con unha pelota. Cada vez que derribamos un sumamos un punto.
  5. Slalon: Colocamos os bolos en fila, un detrás de outro, separados medio metro aproximadamente. Intentamos conducir unha pelota polo medio deles sen derribalos: primeiro coas mans e logo cos pés.
  6. Torre de bolos: Por grupos, intentamos facer unha torre moi alta cos bolos sen que caian. O grupo que a faga máis grande gaña.

Deixa unha resposta