O Bádminton: deporte de raqueta

O Bádminton é un deporte de raqueta que se practica nunha cancha dividida por unha rede nas modalidades de 1 -vs- 1 ou de 2 -vs- 2.

Polas súas características: pouco peso das raquetas e das plumas, campo reducido,…, é moi axeitado para a súa iniciación en Educación Primaria.

Durante este curso, o alumnado de sexto estivo aprendendo os aspectos básicos deste deporte.

O Ultimate: O deporte do ‘Disco Voador’

O grupo de sexto está traballando o deporte alternativo do Ultimate, outro dos deportes representativos do ‘Fair Play’ (Xogo Limpo). É un deporte de equipo que se practica cun disco voador, con equipos mixtos e sen árbitros.

Deportes Adaptados

Os días de mal tempo, aproveitamos para facer algúns ‘deportes adaptados’ onde vivenciamos o que é practicar deportes con movilidade reducida.

Como estes deportes os facemos a rás de chan, todos levan o apelido de: ‘rascacú’. Deste xeito temos:

O Balonmán Rascacú: Unha variante do balonmán onde todos os xogadores deben estar co cú pegado ao chan, excepto o porteiro que pode estar de xeonllos. Este deporte foi inventado polo mestre Ventura Mariño na década dos 80 e foi o xerme para os seguintes deportes que pasamos a comentar.

O Cestomóbil Rascacú: Unha variante do cestomóbil onde os xogadores depen ter o cú pegado ao chan excepto os que aguantan do aro que están sentados un banco.

O Voleibol Rascacú: Variante do voleibol que se xoga co cú pegado ao chan, a rede están algo máis baixa do normal e xógase con balón de praia ou globos, en función da idade dos participantes.

O Ultimate Rascacú: Unha variante do ultimate que se xoga ao rás de chan e utilízase un frisbee de foam para practicalo.

O RingoRed Rascacú: Variante do ringored que se xoga co cú pegado ao chan, a rede están algo máis baixa do normal e xógase con anelas.

O Pegol: Deporte alternativo de golpeo do balón

O traballo grande dos rapaces e rapazas de 6º foi ao redor do Pégol, un deporte alternativo onde o máis complexo é que os pases fanse golpeando o balón e que, para marcar tanto, é imprescindible o traballo coordinado de ‘pasador/a’ e ‘marcador/a’.

Bo traballo!

O Pegol: O deporte do golpeo do balón

Este curso, os rapaces e rapazas de 6º de EP van a practicar Pegol no primeiro trimestre.

O Pegol é un xogo alternativo (novidoso) e colaborativo, no que precisamos o traballo conxunto co resto de compañeiros/as para acadar o obxectivo. Xógase golpeando o balón coa man para conseguir que este chegue nas mellores condicións aos meus compañeiros/as. Para marcar tanto, hai que chegar co balón controlado a unha determinada zona do campo.

Resultados das probas de Condición Física

Aquí vos deixo os resultados das probas de condición física que fixemos a principio de curso. Teño que recordarvos, unha vez máis, que a finalidade destas probas é a de comprobar o voso nivel de desenvolvemento das capacidades físicas básicas e poder ver a evolución das mesmas cando repitamos as probas ao final de curso. En ningún caso a nota da asignatura vai depender destas probas, e tampouco se vos vai a comparar con ninguén. Só competides con vós mesmos para ser, cada día mellores persoas e deportistas.

Arrancamos o curso!! Moitos ánimos!!

Curso 4º EP

Curso 5º EP

Curso 6º EP

Probando, probando…

(Fotografía por bIeNo)

(Fotografía por bIeNo)

Dende esta semana estamos a facer as probas de condición física de principio de curso, ¿para que?… pois para saber como andan as nosas capacidades físicas e para poder comparar todos os datas coas probas que fagamos a final de curso e así saber canto melloraron ou empeoraron. Asemade así poderemos tratar de mellorarnos a nós mesmos, que vos parece?

Para medir as Capacidades Físicas Básicas (Forza, Velocidade, Resistencia e Flexibilidade) utilizamos test estándares que circulan polas publicacións especializadas en adestramento deportivo, condición física e Educación Física. Algúns están baseados en probas de baterías de test como Eurofit ou similares e outros son invención nosa.

Se ques saber máis sobres estas probas fai <clic aquí>.