Quen non xogou nunca cun disco voador? Estas rapazas e rapaces aprenden diferentes formas de lanzamentos, practican pases e recepcoóns e afinan a súa puntería.
Toda unha experiencia!!
Quen non xogou nunca cun disco voador? Estas rapazas e rapaces aprenden diferentes formas de lanzamentos, practican pases e recepcoóns e afinan a súa puntería.
Toda unha experiencia!!
Hai que ver o ben que o pasaron coas pelotas ‘boti-boti’. Ei de dicir que algúns alumnos e algunhas alumnas eran todas unhas expertas no manexo deste material, pero que outras e outros nunca tiveran a sorte de probalo.
Foi unha experiencia moi satisfactoria!
Xogar ‘ao pano’ non é o único que se pode facer con este material. O outro día estivemos investigando e practicamos un montón de xogos con eles. Foi moi divertido.
Os rapaces e rapazas de cuarto curso van traballar, durante esta segunda avaliación, outro deporte alterativo de ‘cancha dividida’ que se xoga con un ‘Ringo’ (aro) e que consiste en conseguir que este caia no chan do equipo contrario para facer tanto.
Pódese agarrar, introducir algunha parte do corpo por el, pasar, lanzar,…
Os ladrillos de psicomotricidade desenvolven a imaxinación e a creatividades dos cativos. Eles mesmos atópanlle infinidades de posibilidades para ser utilizados en xogos motrices. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
O Fut-tenis é un deporte que mistura aspecto do fútbol e do tenis. Golpéase o balón con todas as partes do corpo que permite o regulamento de fútbol pero xógase coas regras do tenis.
Os rapaces e rapazas de quinto van a traballar duro para ser quen de botar partidos por si mesmos e poder disfrutar desta disciplina.