Deportes Adaptados

Os días de mal tempo, aproveitamos para facer algúns ‘deportes adaptados’ onde vivenciamos o que é practicar deportes con movilidade reducida.

Como estes deportes os facemos a rás de chan, todos levan o apelido de: ‘rascacú’. Deste xeito temos:

O Balonmán Rascacú: Unha variante do balonmán onde todos os xogadores deben estar co cú pegado ao chan, excepto o porteiro que pode estar de xeonllos. Este deporte foi inventado polo mestre Ventura Mariño na década dos 80 e foi o xerme para os seguintes deportes que pasamos a comentar.

O Cestomóbil Rascacú: Unha variante do cestomóbil onde os xogadores depen ter o cú pegado ao chan excepto os que aguantan do aro que están sentados un banco.

O Voleibol Rascacú: Variante do voleibol que se xoga co cú pegado ao chan, a rede están algo máis baixa do normal e xógase con balón de praia ou globos, en función da idade dos participantes.

O Ultimate Rascacú: Unha variante do ultimate que se xoga ao rás de chan e utilízase un frisbee de foam para practicalo.

O RingoRed Rascacú: Variante do ringored que se xoga co cú pegado ao chan, a rede están algo máis baixa do normal e xógase con anelas.

O Cestomóbil: Deporte alternativo de encestar!

Como ben sabedes as alumnas e os alumnos de 4º Curso estiveron a traballar no Cestomóbil, un deporte alternativo que consiste en encestar unha pelota dentro dun aro que está agarrado por un compañeiro/a, podendo axudar a que a canastra se leve a cabo.

Custou arrancar ao principio, pero ao final collémoslle o tranganillo e chegamos a practicalo de maneira efectiva.

Grazas pola vosa implicación.

O Cestomóbil: Deporte alternativo de encestar


Este curso, os rapaces e rapazas de 4º de EP van a practicar Cestomóbil no primeiro trimestre.

O Cestomóbil é un xogo deportivo alternativo (novidoso) que se practica con un balón de goma que ten que ser introducido nun cesto que aguanta un compañeiro/a. Isto implica que o obxectivo (o cesto neste caso) non está fixo nun sitio. De aí que a colaboración entre o que lanza e o que suxeita o cesto é moi importante. Asemade, os pases entre compañeiros/as son imprescindibles para acadar o obxectivo do xogo

Resultados das probas de Condición Física

Aquí vos deixo os resultados das probas de condición física que fixemos a principio de curso. Teño que recordarvos, unha vez máis, que a finalidade destas probas é a de comprobar o voso nivel de desenvolvemento das capacidades físicas básicas e poder ver a evolución das mesmas cando repitamos as probas ao final de curso. En ningún caso a nota da asignatura vai depender destas probas, e tampouco se vos vai a comparar con ninguén. Só competides con vós mesmos para ser, cada día mellores persoas e deportistas.

Arrancamos o curso!! Moitos ánimos!!

Curso 4º EP

Curso 5º EP

Curso 6º EP

Probando, probando…

(Fotografía por bIeNo)

(Fotografía por bIeNo)

Dende esta semana estamos a facer as probas de condición física de principio de curso, ¿para que?… pois para saber como andan as nosas capacidades físicas e para poder comparar todos os datas coas probas que fagamos a final de curso e así saber canto melloraron ou empeoraron. Asemade así poderemos tratar de mellorarnos a nós mesmos, que vos parece?

Para medir as Capacidades Físicas Básicas (Forza, Velocidade, Resistencia e Flexibilidade) utilizamos test estándares que circulan polas publicacións especializadas en adestramento deportivo, condición física e Educación Física. Algúns están baseados en probas de baterías de test como Eurofit ou similares e outros son invención nosa.

Se ques saber máis sobres estas probas fai <clic aquí>.