O Cestomóbil: Deporte alternativo de encestar!

Como ben sabedes as alumnas e os alumnos de 4º Curso estiveron a traballar no Cestomóbil, un deporte alternativo que consiste en encestar unha pelota dentro dun aro que está agarrado por un compañeiro/a, podendo axudar a que a canastra se leve a cabo.

Custou arrancar ao principio, pero ao final collémoslle o tranganillo e chegamos a practicalo de maneira efectiva.

Grazas pola vosa implicación.

Xogos con Pelotas

As pelotas serven para algo máis que practicar os deportes ‘estandarizados’. Nas clases de Educación Física buscámoslle novas utilidades: malabares, frontón, batallas, xogos de carreiras,…

Xogos con Pelotas de Tenis

As pelotas de tenis dan moito xogo. Despois da súa vida como parte importante nos adestramentos e partidos deste deporte, veñen para o noso cole e axúdannos na práctica da actividades física. Coordinación óculo-manual e óculo-pédica, lanzamentos, recepcións, botes, rebotes,…

Xogos con Raquetas

Implementos divertidos que nos axudan coa coordinación óculo-manual. Lanzamentos, recepcións, golpeos, equilibrios,… un ‘todo nun’ cun material moi accesible.

Xogos con Picas

As picas veñen sendo un paus longos de plástico. En principio non teñen moito máis atractivo pero, se deixamos voar a nosa imaxinación podemos practicar un montón xogos divertidos.

Xogos con Pelota Xigante

Os balóns de fitnes son un gran aliciente para correr, lanzar, saltar e facer equilibrios. Estamos desexando voltar a xogar con eles.

Xogos con Cordas

Cordas para saltar, para facer equilibrios, para marcar espazos, para escalar… Un material moi versátil que nos gusta moito utilizar.

Xogos con Aros

Aros grandes, aros pequenos, de cores e grosores distintos,… dan moito de si. Podemos utilizalos para marcar espazos, para lanzar, para facelos xirar, para encestar, para facer puntería, podemos utilizalos como frisbee, podemos rodalos,…, poden ser obxectos distintos (volantes, chapeus,…)… Ahh!! e tamén se poden utilizar como ‘hula hops’!!!

Xogos con Material

Cos máis pequenos do cole traballamos, acotío, as habilidades motrices tendo como centro de interese un material diferente cada sesión. Con el levamos a cabo diferentes xogos de desprazamentos, saltos, xiros, manipulacións,…, deixando sempre un anaco de sesión para que eles mesmos desenvolvan a súa imaxinación inventando algún xogo.

O material non é imprescindible, de feito hai sesión que se levan a cabo sen material, pero sempre é un elemento motivador.

O Cestomóbil: Deporte alternativo de encestar


Este curso, os rapaces e rapazas de 4º de EP van a practicar Cestomóbil no primeiro trimestre.

O Cestomóbil é un xogo deportivo alternativo (novidoso) que se practica con un balón de goma que ten que ser introducido nun cesto que aguanta un compañeiro/a. Isto implica que o obxectivo (o cesto neste caso) non está fixo nun sitio. De aí que a colaboración entre o que lanza e o que suxeita o cesto é moi importante. Asemade, os pases entre compañeiros/as son imprescindibles para acadar o obxectivo do xogo