Xogos con Sticks

O traballo con implementos nas idades máis temperás axudan a desenvolver a coordinación, as capacidades manipulativas, a lateralidade,…

En educación física utilizamos varios tipos de implementos, pero os ‘sticks’ son uns dos máis motivadores para o alumnado.

Para mostra, un botón.

Deportes Adaptados

Os días de mal tempo, aproveitamos para facer algúns ‘deportes adaptados’ onde vivenciamos o que é practicar deportes con movilidade reducida.

Como estes deportes os facemos a rás de chan, todos levan o apelido de: ‘rascacú’. Deste xeito temos:

O Balonmán Rascacú: Unha variante do balonmán onde todos os xogadores deben estar co cú pegado ao chan, excepto o porteiro que pode estar de xeonllos. Este deporte foi inventado polo mestre Ventura Mariño na década dos 80 e foi o xerme para os seguintes deportes que pasamos a comentar.

O Cestomóbil Rascacú: Unha variante do cestomóbil onde os xogadores depen ter o cú pegado ao chan excepto os que aguantan do aro que están sentados un banco.

O Voleibol Rascacú: Variante do voleibol que se xoga co cú pegado ao chan, a rede están algo máis baixa do normal e xógase con balón de praia ou globos, en función da idade dos participantes.

O Ultimate Rascacú: Unha variante do ultimate que se xoga ao rás de chan e utilízase un frisbee de foam para practicalo.

O RingoRed Rascacú: Variante do ringored que se xoga co cú pegado ao chan, a rede están algo máis baixa do normal e xógase con anelas.

Xogos con Paracaídas

Aquí vos deixamos unhas instatáneas de algúns dos xogos que facemos, de cando en vez, co noso paracaídas.

Todo un mundo de cor e alegría!

Xogos con Picas

As picas veñen sendo un paus longos de plástico. En principio non teñen moito máis atractivo pero, se deixamos voar a nosa imaxinación podemos practicar un montón xogos divertidos.

Xogos con Material

Cos máis pequenos do cole traballamos, acotío, as habilidades motrices tendo como centro de interese un material diferente cada sesión. Con el levamos a cabo diferentes xogos de desprazamentos, saltos, xiros, manipulacións,…, deixando sempre un anaco de sesión para que eles mesmos desenvolvan a súa imaxinación inventando algún xogo.

O material non é imprescindible, de feito hai sesión que se levan a cabo sen material, pero sempre é un elemento motivador.