O Ultimate: O deporte do ‘Disco Voador’

O grupo de sexto está traballando o deporte alternativo do Ultimate, outro dos deportes representativos do ‘Fair Play’ (Xogo Limpo). É un deporte de equipo que se practica cun disco voador, con equipos mixtos e sen árbitros.

Deportes Adaptados

Os días de mal tempo, aproveitamos para facer algúns ‘deportes adaptados’ onde vivenciamos o que é practicar deportes con movilidade reducida.

Como estes deportes os facemos a rás de chan, todos levan o apelido de: ‘rascacú’. Deste xeito temos:

O Balonmán Rascacú: Unha variante do balonmán onde todos os xogadores deben estar co cú pegado ao chan, excepto o porteiro que pode estar de xeonllos. Este deporte foi inventado polo mestre Ventura Mariño na década dos 80 e foi o xerme para os seguintes deportes que pasamos a comentar.

O Cestomóbil Rascacú: Unha variante do cestomóbil onde os xogadores depen ter o cú pegado ao chan excepto os que aguantan do aro que están sentados un banco.

O Voleibol Rascacú: Variante do voleibol que se xoga co cú pegado ao chan, a rede están algo máis baixa do normal e xógase con balón de praia ou globos, en función da idade dos participantes.

O Ultimate Rascacú: Unha variante do ultimate que se xoga ao rás de chan e utilízase un frisbee de foam para practicalo.

O RingoRed Rascacú: Variante do ringored que se xoga co cú pegado ao chan, a rede están algo máis baixa do normal e xógase con anelas.

Xogos con Paracaídas

Aquí vos deixamos unhas instatáneas de algúns dos xogos que facemos, de cando en vez, co noso paracaídas.

Todo un mundo de cor e alegría!

Xogos con Globos

 

Un material económico á par que divertido. Desprazamentos, saltos, xiros, manipulacións, coordinación dinámico xeral, coordinación óculomanual,…, e moito máis con un pouco de imaxinación!!

Xogos con Discos Voadores

Quen non xogou nunca cun disco voador? Estas rapazas e rapaces aprenden diferentes formas de lanzamentos, practican pases e recepcoóns e afinan a súa puntería.

Toda unha experiencia!!

Xogos con Pelota ‘boti-boti’

Hai que ver o ben que o pasaron coas pelotas ‘boti-boti’. Ei de dicir que algúns alumnos e algunhas alumnas eran todas unhas expertas no manexo deste material, pero que outras e outros nunca tiveran a sorte de probalo.

Foi unha experiencia moi satisfactoria!

Xogos con Panos

Xogar ‘ao pano’ non é o único que se pode facer con este material. O outro día estivemos investigando e practicamos un montón de xogos con eles. Foi moi divertido.

Xogos con Ladrillos de Psicomotricidade

Os ladrillos de psicomotricidade desenvolven a imaxinación e a creatividades dos cativos. Eles mesmos atópanlle infinidades de posibilidades para ser utilizados en xogos motrices. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

O FUT-TENIS: Deporte Alternativo que mistura o Fútbol e o Tenis

O Fut-tenis é un deporte que mistura aspecto do fútbol e do tenis. Golpéase o balón con todas as partes do corpo que permite o regulamento de fútbol pero xógase coas regras do tenis.

Os rapaces e rapazas de quinto van a traballar duro para ser quen de botar partidos por si mesmos e poder disfrutar desta disciplina.