As
actividades que vos presentamos a continuación son unha serie de
xogos que podemos facer cos cativos en ESPAZOS REDUCIDOS e con
MATERIAIS DE ANDAR POLA CASA.
Estes
xogos son moi xenéricos e debemos adaptar o nivel de dificultade,
distancias, tempos, esixencias,…, ás características e idade de
cada rapariga/o, de tal xeito que sexan quen de acadar o éxito,…,
aínda que con algo de esforzo, para que non se aburran rapidamente
por mor da gran esixencia ou da gran facilidade.
Os
materiais utilizados son botellas, papel, cinta adhesiva, cartón,
corda,…, cousas que todos temos pola casa e que, por suposto, pode
variarse e adaptarse ás realidades de cada quen.