XOGOS NA CORENTENA

(ED. INFANTIL | 1º e 2º ED. PRIMARIA)

As actividades que vos presentamos a continuación son unha serie de xogos que podemos facer cos cativos en ESPAZOS REDUCIDOS e con MATERIAIS DE ANDAR POLA CASA.

Non son nin os mellores, nin os peores, nin os únicos… son simplemente unha mostra para que nos dea ideas. Ademais podemos ir completando esta escolma entre todas/os.

Con este traballo pretendemos ir mellorando, pouco a pouco, as habilidades motrices dos rapaces/as (desprazamentos, saltos, xiros, lanzamentos, golpeos, manipulacións, equilibrio, coordinación, …)

Estes xogos son moi xenéricos e debemos adaptar o nivel de dificultade, distancias, tempos, esixencias,…, ás características e idade de cada rapariga/o, de tal xeito que sexan quen de acadar o éxito,…, aínda que con algo de esforzo, para que non se aburran rapidamente por mor da gran esixencia ou da gran facilidade.

Os materiais utilizados son botellas, papel, cinta adhesiva, cartón, corda,…, cousas que todos temos pola casa e que, por suposto, pode variarse e adaptarse ás realidades de cada quen.

A idea é que as rapazas/es participen tamén tanto na elaboración dos materiais (no caso de que sexan necesarios) como na organización dos mesmos. Os espazos están marcados con xiz (‘tiza’) pero cada quen debe utilizar o que teña a man (cinta de carroceiro, cordas, cinta electricista…). Asemade debemos adaptar os xogos ao espazo real co que contamos, e o tempo de práctica virá determinado pola motivación dos cativos/as.

Aquí tedes un listado dos xogos clasificados por material.

XOGOS CON CORDAS

XOGOS DE PELETRA

XOGOS CON RECEPTÁCULOS

XOGOS CON ‘PEGADAS’

XOGOS DE LABIRINTO

XOGOS CON CIRCUÍTOS

XOGOS DE TRAGABOLAS

XOGOS CON LIÑA CONTINUA

XOGOS DE BOLOS

XOGOS CON LIÑAS PARALELAS