Este ano, polo ‘Día da Paz e Non Violencia’ traballamos a canción ‘Da tu nota por la Paz’ de Unai Quirós e gravamos a canción no noso estudo da radio para facer vídeo en ‘plano secuencia’ por todo o noso cole. A ver que vos parece!!
Arquivo da categoría: Vídeos
CONCERTO NOVAS PROMESAS’22
Unha das actividades que levamos a cabo para rematar este curso foi un concerto da man do noso alumnado, grazas á organización e ao traballo de Estrella, a mestra especialista en música.
Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós!!
FAMILIA DE PERCUSIÓN
FAMILIA DE CORDA
FAMILIA DE VENTO
DÍA DA PAZ (30 Xaneiro) | Vídeo ‘Terra’ (Tanxugueiras)
Este ano co gallo do Día da Paz, o alumnado do CEIP de Olveira quixo facerse eco da canción “Terra” das Tanxugueiras, por todos os valores que van implícitos na mesma e por toda a forza e a enerxía que aporta.
Parabéns á profe Estrella (especialista en música) e a tódolos bailaríns e bailarinas que foron quen de traballar duro e manter o nivel de concrentración necesario para acadar un resultado estupendo.
CANCIÓN | Himno Galego (6º EP)
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 Novembro) | VÍDEO
O 25 de Novembro, o alumnado de ‘Valores’ de 5º de EP do CEIP de Olveira confeccionou un vídeo-protesta en contra da violencia de xénero.
VÍDEO: O Maio
Aí vén o maio
de frores cuberto …
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
(Fragmento da poesía de Curros Enriquez)

Traballo realizado polo alumnado do CEIP de Olveira. Canción interpretada por Paula Santamaría. Imaxes descargadas de xeito legal para o seu uso educativo de pixabay.com baixo Licenza Pixabay.
Os dereitos das nenas e dos nenos | VÍDEO
Vídeo confeccionado polo alumnado de Educación Infantil do CEIP de Olveira (Ribeira) durante o curso 2019-2020, por mor da conmemoración do Día Internacional da Infancia (20 de novembro).
—————————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Free Music, Happy and Joyful Children, en soundcloud.com, licenza CC BY