Xogos con Colchonetas

As colchonetas sempre é un material que da moito xogo, e moi motivador para o alumnado. Aquí vos deixamos unha mostra de algúns dos xogos que facemos con elas.

O Pegol: Deporte alternativo de golpeo do balón

O traballo grande dos rapaces e rapazas de 6º foi ao redor do Pégol, un deporte alternativo onde o máis complexo é que os pases fanse golpeando o balón e que, para marcar tanto, é imprescindible o traballo coordinado de ‘pasador/a’ e ‘marcador/a’.

Bo traballo!

O Cestomóbil: Deporte alternativo de encestar!

Como ben sabedes as alumnas e os alumnos de 4º Curso estiveron a traballar no Cestomóbil, un deporte alternativo que consiste en encestar unha pelota dentro dun aro que está agarrado por un compañeiro/a, podendo axudar a que a canastra se leve a cabo.

Custou arrancar ao principio, pero ao final collémoslle o tranganillo e chegamos a practicalo de maneira efectiva.

Grazas pola vosa implicación.

Xogos con Pelotas

As pelotas serven para algo máis que practicar os deportes ‘estandarizados’. Nas clases de Educación Física buscámoslle novas utilidades: malabares, frontón, batallas, xogos de carreiras,…

Xogos con Pelotas de Tenis

As pelotas de tenis dan moito xogo. Despois da súa vida como parte importante nos adestramentos e partidos deste deporte, veñen para o noso cole e axúdannos na práctica da actividades física. Coordinación óculo-manual e óculo-pédica, lanzamentos, recepcións, botes, rebotes,…

Xogos con Raquetas

Implementos divertidos que nos axudan coa coordinación óculo-manual. Lanzamentos, recepcións, golpeos, equilibrios,… un ‘todo nun’ cun material moi accesible.

Xogos con Picas

As picas veñen sendo un paus longos de plástico. En principio non teñen moito máis atractivo pero, se deixamos voar a nosa imaxinación podemos practicar un montón xogos divertidos.

Xogos con Pelota Xigante

Os balóns de fitnes son un gran aliciente para correr, lanzar, saltar e facer equilibrios. Estamos desexando voltar a xogar con eles.