Xogos con Cordas

Cordas para saltar, para facer equilibrios, para marcar espazos, para escalar… Un material moi versátil que nos gusta moito utilizar.

Xogos con Aros

Aros grandes, aros pequenos, de cores e grosores distintos,… dan moito de si. Podemos utilizalos para marcar espazos, para lanzar, para facelos xirar, para encestar, para facer puntería, podemos utilizalos como frisbee, podemos rodalos,…, poden ser obxectos distintos (volantes, chapeus,…)… Ahh!! e tamén se poden utilizar como ‘hula hops’!!!

Xogos con Material

Cos máis pequenos do cole traballamos, acotío, as habilidades motrices tendo como centro de interese un material diferente cada sesión. Con el levamos a cabo diferentes xogos de desprazamentos, saltos, xiros, manipulacións,…, deixando sempre un anaco de sesión para que eles mesmos desenvolvan a súa imaxinación inventando algún xogo.

O material non é imprescindible, de feito hai sesión que se levan a cabo sen material, pero sempre é un elemento motivador.

O Cestomóbil: Deporte alternativo de encestar


Este curso, os rapaces e rapazas de 4º de EP van a practicar Cestomóbil no primeiro trimestre.

O Cestomóbil é un xogo deportivo alternativo (novidoso) que se practica con un balón de goma que ten que ser introducido nun cesto que aguanta un compañeiro/a. Isto implica que o obxectivo (o cesto neste caso) non está fixo nun sitio. De aí que a colaboración entre o que lanza e o que suxeita o cesto é moi importante. Asemade, os pases entre compañeiros/as son imprescindibles para acadar o obxectivo do xogo

O Pegol: O deporte do golpeo do balón

Este curso, os rapaces e rapazas de 6º de EP van a practicar Pegol no primeiro trimestre.

O Pegol é un xogo alternativo (novidoso) e colaborativo, no que precisamos o traballo conxunto co resto de compañeiros/as para acadar o obxectivo. Xógase golpeando o balón coa man para conseguir que este chegue nas mellores condicións aos meus compañeiros/as. Para marcar tanto, hai que chegar co balón controlado a unha determinada zona do campo.

O Acrosport: O deporte das acrobacias

Este curso, os rapaces e rapazas de 5º de EP van a practicar Acrosport no primeiro trimestre.

O Acrosport é un deporte colaborativo que combina figuras con acrobacias e movementos coreográficos. É un deporte moi vistoso no que todos os integrantes, sexa cal sexa a súa constitución e habilidades, sempre vai ter un lugar para practicalo.

 

Resultados das probas de Condición Física

Aquí vos deixo os resultados das probas de condición física que fixemos a principio de curso. Teño que recordarvos, unha vez máis, que a finalidade destas probas é a de comprobar o voso nivel de desenvolvemento das capacidades físicas básicas e poder ver a evolución das mesmas cando repitamos as probas ao final de curso. En ningún caso a nota da asignatura vai depender destas probas, e tampouco se vos vai a comparar con ninguén. Só competides con vós mesmos para ser, cada día mellores persoas e deportistas.

Arrancamos o curso!! Moitos ánimos!!

Curso 4º EP

Curso 5º EP

Curso 6º EP

Probando, probando…

(Fotografía por bIeNo)

(Fotografía por bIeNo)

Dende esta semana estamos a facer as probas de condición física de principio de curso, ¿para que?… pois para saber como andan as nosas capacidades físicas e para poder comparar todos os datas coas probas que fagamos a final de curso e así saber canto melloraron ou empeoraron. Asemade así poderemos tratar de mellorarnos a nós mesmos, que vos parece?

Para medir as Capacidades Físicas Básicas (Forza, Velocidade, Resistencia e Flexibilidade) utilizamos test estándares que circulan polas publicacións especializadas en adestramento deportivo, condición física e Educación Física. Algúns están baseados en probas de baterías de test como Eurofit ou similares e outros son invención nosa.

Se ques saber máis sobres estas probas fai <clic aquí>.

 

Benvidos/as!

Benvidos/as á bitácora de Educación Física do CEIP de Olveira que comeza a súa andadura neste curso 2018-2019.

Neste blogue poderás atopar información sobre todas aquelas cousas que vaimos facendo durante as clases de Educación Física, así coma outro tipo de novas, enlaces, vídeos,…, que estean relacionadas coa nosa área.

Pásate de cando en vez e participa cos teus comentarios!