CANCIÓN | 8 MARZO – DÍA DA MULLER (2022)

Hoxe cambiamos a canción do noso ‘timbre musical’ por mor do Día da Muller. Nesta ocasión soou o tema das Tanxugueiras: “Que non mo neguen”. Aquí volo deixamos por se queredes ecoitalo.

Por tódalas mulleres do Mundo, sen vós nada sería posible!!


QUE NON MO NEGUEN (TANXUGUEIRAS)

Fago todo o que eu quero
E o que me sae de dentro
Non preciso de ninguén
Que eu mesma xa me chego

Son muller forte e libre
Non hai ninguén que mo negue
E se alguén o intentara
Que mala febre o leve

Eu e máis vós compañeiras
Eu e máis vós camaradas
Cantamos e arruamos
Facemo-la foliada

Son muller forte e libre
Non hai ninguén que mo negue
E se alguén o intentara
Que mala febre o leve
Que mala febre o leve
Ai lalalá, ai lalá

O cantar é das solteiras
O cantar é das solteiras
Tamén che é das casadas
Cando son foliaderas

Son muller forte e libre
Non hai ninguén que mo negue
E se alguén o intentara
Que mala febre o leve

Vivamos nós as mulleres
Berremos todas ben alto
Que viva a nosa fala
E que viva o noso canto

Son muller forte e libre
Non hai ninguén que mo negue
E se alguén o intentara
Que mala febre o leve
Que mala febre o leve
Ai lalalá, ai lalá

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará