Celebración por todo o alto do Día das Letras Galegas no CEIP de Olveira. Deica o próximo ano!!
Arquivo da categoría: Vídeos
VÍDEO | O MAIO | 2026
Como cada ano por estas datas o alumnado e o profesorado do CEIP de Olveira traballan arreo para confeccionar o Maio máis florido da Barbanza. Moi bo traballo!! Parabéns!!
23 DE ABRIL 2026 | DÍA DO LIBRO | Apadriñamento Lector
Como ven sendo tradición no CEIP de Olveira, o alumnado de máis idade do cole cóntalle un contiño ao máis pequeno, nun momento de compartir lecturas e experiencias.
Moitras grazas, rapazada!!
VÍDEO | DÍA DO LIBRO 2026 | Recomendacións Lectoras
O alumnado do CEIP de Olveira quixo conmemorar o Día do Libro facéndovos chegar unha serie de recomendación lectoras de obras que lle encantaron!
Non volas perdades!!
VÍDEO | ENTROIDO | 2026
O alumnado do CEIP de OLVEIRA celebrou o entroido con moita arte!!
VÍDEO | FESTIVAL DE NADAL | 2025
Com ven sendo tradición no CEIP de Olveira, o último día do ano celebramos o Festival de Nadal coa actuación de todo o alumnado do centro e coa axuda das mestras e mestres. Aquí vos deixamos, a modo de postal de Nadal, a actuación deste curso.
Que teñades un Bo Nadal e un Próspero Aninovo!!
NOTA IMPORTANTE: Premendo na “rodiña dentada” de abaixo á dereita e cambiando a “calidade” a 1080, a experiencia de visualizado é ÓPTIMA!!!
VÍDEO | DIA DOS DEREITOS DA INFANCIA | 20 NOV 2025
Vídeo creado por todo o alumnado do CEIP de Olveira, coa axuda da profe Estrella!! Todos xuntos para reclamar os seus dereitos. Moi bo traballo rapazada, a seguir así!!
NOTA IMPORTANTE: Premendo na “rodiña dentada” de abaixo á dereita e cambiando a “calidade” a 1080, a experiencia de visualizado é ÓPTIMA!!!
O SAMAÍN | MOITO MAXÍN | 2025
No CEIP de Olveira celebramos o Samaín como se merece.. con música, baile, sustos e moito humor.
Deica o próximo Samaín!!!
O SAMAÍN | CONTOS ÁS ESCURAS | 2025
O alumnado de 5º de Ed. Primaria inventou uns contiños “de medo” e contoullos aos seus compañeiros e compañeiras do CEIP de Olveira neste Samaín!!
Moitas grazas, rapazada!!
SAMAÍN 25 | MARCHA FUNEBRE
O alumnado de 5º de Educación Primaria recibe o Samaín a ritmo da MARCHA FÚNEBRE (F. Chopen)
Que medo!!