PODCAST DAS LENDAS DO SAMAÍN!!

Aquí vos deixamos unha selección das lendas recollidas polo alumnado neste Samaín’23. Non foi posible rexistralas todas en audio por motivos de tempo co que non están todas as que son, pero son todas as que están. Aínda así, queremos agradecervos a participación a todas e a todos nesta iniciativa, tanto á rapazada como ás familias, xa que así axudades a contribuír ao mantemento da cultura popular mediante as vosas achegas ao noso ficheiro de lendas.

Coidado, dan moito medo!

—————-

PODCAST | Lendas do Samaín 2023 | 1º EP

PODCAST | Lendas do Samaín 2023 | 2º EP

PODCAST | Lendas do Samaín 2023 | 3º EP

PODCAST | Lendas do Samaín 2023 | 4º EP

PODCAST | Lendas do Samaín 2023 | 5º EP

PODCAST | Lendas do Samaín 2023 | 6º EP

PODCAST | Lendas do Samaín 2023 | Familiares

—————-

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO

Martijn de Boer (NiGiD), Lullaby To Nightmares, en CCMixter.org, Licenza CC BY-NC

IMAXEN

Pixabay, jack-o-lantern, en Pexels.com, Licenza CC 0

TEATRO RADIADO | Día Universal da Infancia (20 Nov)

O alumnado da área de Proxecto Competencial de 5º de Educación Primaria do CEIP de Olveira (Ribeira), confeccionou unha pequena obra de teatro para conmemorar o Día Internacional da Infancia que logo gravaron para a nosa radio.

Graciñas!

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Aries Beats [Free Music], ‘INSTRUMENTAL Trauer – SAD PIANO VIOLIN BEAT’, en SoundCloud.com, Licenza CC-BY

IMAXEN
Pixabay, ‘Sad Clown Doll in Basket’, en pexels.com, licenza CC 0

SEMANA DO LIBRO (2022) | Obradoiro de narracións

Por mor da semana do libro, o alumnado de 6ºEP do CEIP de Olveira confeccionou as súas propias historias que despois gravaron na radio do cole.

Este é o resultado.








NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO

Calyman, Story Telling On, en CCMixter.org, Licenza CC BY

IMAXEN

Clem Onojeghuo, pila-de-libros-de-tapa-dura-impresos-en-marron-y-rojo, en Pexels.com, Licenza CC 0

TEATRO RADIADO | Día Universal da Infancia (22 Nov)


O alumando de Educación en Valores de 6º de EP confeccionou unha obra de teatro radiada en contra da ‘explotación infantil’.
Fixeron un traballo de investigación previo, redactaron o guión e interpretárono diante dos micrófonos no noso obradoiro de radio.
Esperamos que vos guste!

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Fireproof_Babies (feat. ramblinglibrarian), Dark Woods, en soundcloud.com, licenza CC BY

IMAXEN
Kat Smith, Niño de pelo negro llorando, en pexels.com, licenza Pexels

VÍDEO: O Maio

Aí vén o maio
de frores cuberto …
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

(Fragmento da poesía de Curros Enriquez)

Traballo realizado polo alumnado do CEIP de Olveira. Canción interpretada por Paula Santamaría. Imaxes descargadas de xeito legal para o seu uso educativo de pixabay.com baixo Licenza Pixabay.