Celebración por todo o alto do Día das Letras Galegas no CEIP de Olveira. Deica o próximo ano!!
Arquivo da categoría: ACTUACIÓN
VÍDEO | DÍA DA PAZ | 2026
Onte celebramos o Día da Paz no CEIP de OLVEIRA coa axuda de todo o alumnado e a colaboración do profesorado do centro, capitaneados pola profe Estrella.
Aquí vos deixamos o resultado de todo o traballo!!
NOTA IMPORTANTE: Premendo na “rodiña dentada” de abaixo á dereita e cambiando a “calidade” a 1080, a experiencia de visualizado é ÓPTIMA!!!
FIN DE CURSO 24/25 | ACTUACIÓN | Ed. Infantil
O alumnado de Ed. Infantil do CEIP de Olveira amenizou o fin de curso cun baile espectacular!
Grazas, rapazada, vémonos no próximo curso!
NOTA IMPORTANTE: Premendo na “rodiña dentada” de abaixo á dereita e cambiando a “calidade” a 1080, a experiencia de visualizado é ÓPTIMA!!!
FIN DE CURSO 24/25 | ACTUACIÓN | 6º Ed. Primaria
O alumnado de 6º de Ed. Primaria quixo facer unha despedida por todo o alto demostrando as súas múltiples dotes artísticas.
Parabéns, rapazada e moita sorte na vosa próxima etapa!
NOTA IMPORTANTE: Premendo na “rodiña dentada” de abaixo á dereita e cambiando a “calidade” a 1080, a experiencia de visualizado é ÓPTIMA!!!
CONCERTO | NOVAS PROMESAS’25
Como ven sendo xa tradición no noso cole ao final de curso, varias das alumnas e alumnos comparten con nós as súas mellores interpretacións no CONCERTO DE NOVAS PROMESAS!!
Parabéns!
NOTA IMPORTANTE: Premendo na “rodiña dentada” de abaixo á dereita e cambiando a “calidade” a 1080, a experiencia de visualizado é ÓPTIMA!!!
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2025 | CANTAREIRAS | CEIP de Olveira
A rapazada do CEIP de Olveira preparou unhas pezas para homenaxear ás “CANTAREIRAS” do mellor xeito que hai, cantando!
Aquí vos deixamos unha mostra do seu traballo!!
Parabéns!!
FESTIVAL DE NADAL| CEIP de Olveira 2024
Como cada ano por estas datas o alumnado de Olveira ven a representarnos con alegría e bo facer as súas panxoliñas preferidas.
Moitos parabéns, rapazada! E que pasedes un moi bo Nadal!
DIA DA INFANCIA | CEIP de Olveira 2024
Para conmemorar o Día Internacional da Infancia, o alumnado do centro coa axuda da súa mestra de música prepararon unha canción moi animada: Xirarei Now! de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Moitos parabéns polo traballo!!!
O SAMAÍN | CEIP de Olveira 2024
Como non podía ser doutro xeito, o Samaín entrou con forza en Olveira e fíxonos pasar momentos moi divertidos como estes:
FESTA DE GRADUACIÓN | CEIP de Olveira 2024
E así foi como rematamos este curso: música, premios, graduacións, actuacións, merendola… agora a descansar, que ben merecido o tedes!
Vémonos en setembro!!