Pedro Iglesias, especializado na comunicación gráfica, sonora e social ofreceunos un obradoiro aos nenos e nenas de 5º e 6º de Ed. Primaria na que puideron experimentar coa produción de música contemporánea dun xeito lúdico, interactivo e colaborativo; dándolles a posibilidade de experimentar con diferentes aparellos sonoros e instrumentos musicais
O alumnado do CEIP de OLVEIRA pasou polas instalacións da Radio Supercoleondas e recitou varios poemas de Rosalía de Castro co gallo da celebración do seu día. Aquí vos deixamos o resultado do seu traballo. Parabéns, rapazada!!
PRIMEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
.
SEGUNDO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
TERCEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
QUINTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Por orde de aparición:
Adiós Ríos, Adios Fontes (Xoel M., David, Paula, Sofía e Johanna)
O alumnado do CEIP de Olveira non quería quedar sen conmemorar este día, así que, dende Supercoleondas, gravamos este podcast atendendo á proposta da Rede Espora. Esperamos que vos guste!
Este curso tivemos a sorte de poder asistir a unha obra de teatro representada polo alumnado de 6º EP: “La caja de música”. O destino quixo que estivera gardada ata este momento para ver a luz, pero xa veredes como a espera pagou ben a pena.
Moitos parabéns polo traballo realizado e grazas por compartilo con todas e todos nós.
Este ano, polo ‘Día da Paz e Non Violencia’ traballamos a canción ‘Da tu nota por la Paz’ de Unai Quirós e gravamos a canción no noso estudo da radio para facer vídeo en ‘plano secuencia’ por todo o noso cole. A ver que vos parece!!
Despois do traballo realizado no local da radio polo Día Universal da Infancia, o alumando de Proxecto Competencial de 5º de Ed. Primaria atreveuse a facer unha curtametraxe do guión creado. Aquí tedes o resultado!
Traballo realizado polo alumnado de Lingua Galego de 5º de EP. Despois de traballar ‘a noticia’ en clase, inventaron as súas propias noticias, aquelas que lles gustaría que sucederan en 2023.