LETRAS GALEGAS 2025 | CANTAREIRAS | CEIP de Olveira

Por mor da celebración do Día das Letras Galegas que recoñece este ano a labor das “CANTAREIRAS” no mantemento da nosa lingua e da cultura inmaterial, o CEIP de Olveira convidou a todo o alumnado a que gravaran algún cantar sós ou coa súa familia.
Aquí vos deixamos o resultado deste traballo.

Moitos parabéns a todas e todos os participantes!!

CERTAME | SAMAÍN 2021

Desta volta tocou celebrar o Samaín a golpe de poemas. As poetisas e os poetas mellor preparados de todo Olveira estiveron a traballar duro para acadar estas composicións tan terroríficas.

Xa sabes, apaga a luz, dalle volume e morre de meeeedooo!!

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Siobhan Dakay, Der Mond ist aufgegangen, en ccmixter.org, licenza CC BY

MAXEN
Larisa-K, Víspera de todos los Santos, en pixabay.com, licenza Pixabay

CERTAME | Logo para Supercoleondas

Este ano, co gallo das Letras Galegas, organizouse un certame no centro do que vai saír o logo para a nosa radio. Temos moitos nervios e moita emoción por saber cal será a imaxe escollida para que represente a Supercoleondas!!!

Agora mesmo, despois de varias fases eliminatorias, aquí tendes aos SUPERFINALISTAS… un destes vai ser o logo elixido… e ti, cal escollerías??