ESPECIAL: Fin de curso

Programa especial de fin de curso onde facemos un repaso de aquelas celebración e actividades especiais realizadas no CEIP de Olveira durante o curso 18/19.

———————————————————————————–

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
texasradiofish, Groovin, en ccmixter.org, licenza CC BY NC
IMAXEN
Jose Losada – Fotografía, Faro de Corrubedo, en flickr.com, licenza CC BY

FICCIÓN SONORA: O día que apareceu a Cidade de Valverde

O alumnado de 5º de Ed. Primaria do CEIP de OLVEIRA, coa colaboración dalgúns mestres/mestras e a participación de algúns pais/nais confeccionaron unha pequena obra de ficción sonora, en forma de teatro radiofónico, baseada na ‘Lenda da Cidade de Valverde’.

“Conta a lenda que no fondo da Lagoa de Carregal, lagoa próxima ao centro, hai unha cidade mergullada e, segundo parece, en algunha ocasión apareceron restos arqueolóxicos do que no seu momento puido ser esa cidade.”

———————————————————————————–

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
A Companhía do Ruido, Flauta Punchi, en A Compañía do Ruído (2005), licenza: Con permiso expreso dos autores
IMAXEN
Javier888, Paisaje, en flickr.com, licenza CC0 Public Domain

ESPECIAL: María Canosa

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do CEIP de Olveira gravou un pequeno programa de radio sobre María Canosa, aproveitando a visita que fixo este mes de abril ao noso centro. Aquí vos deixamos o resultado!

———————————————————————————–

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Sam McNally, Celticity (2009), en jamendo.com, licenza CC BY
IMAXEN
Javier888, Paisaje, en flickr.com, licenza CC0 Public Domain