Está claro que esta ‘pandemia’ paralizou moitísimas cousas, moitas delas superimportantes, e que seguro que vai levar aínda algún tempo botar á andar novamente.
A nós o COVID-19 paralizounos a obra do noso laboratorio de radio. Levábamos tempo traballando nel para intentar telo rematado para o final do curso, pero agora parece que non vai ser posible.
Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades como vai quedando e seguro que, máis pronto que tarde, imos poder amosarvos o traballo rematado.
Temos máis ilusión que nunca de retomar a nosa actividade e continuar co proxecto SUPERCOLEONDAS para levalo ao seguinte nivel.
Unha aperta a todas/os, coidádevos moito e sede felices!









