O alumnado de 6ºEP da área de Valores Sociais e Cívicos relaizou este podcast como traballo final do tema tratado en clase sobre os Dereitos do Consumidor.
Hoxe cambiamos a canción do noso ‘timbre musical’ por mor do Día da Muller. Nesta ocasión soou o tema das Tanxugueiras: “Que non mo neguen”. Aquí volo deixamos por se queredes ecoitalo.
Por tódalas mulleres do Mundo, sen vós nada sería posible!!
QUE NON MO NEGUEN (TANXUGUEIRAS)
Fago todo o que eu quero E o que me sae de dentro Non preciso de ninguén Que eu mesma xa me chego
Son muller forte e libre Non hai ninguén que mo negue E se alguén o intentara Que mala febre o leve
Eu e máis vós compañeiras Eu e máis vós camaradas Cantamos e arruamos Facemo-la foliada
Son muller forte e libre Non hai ninguén que mo negue E se alguén o intentara Que mala febre o leve Que mala febre o leve Ai lalalá, ai lalá
O cantar é das solteiras O cantar é das solteiras Tamén che é das casadas Cando son foliaderas
Son muller forte e libre Non hai ninguén que mo negue E se alguén o intentara Que mala febre o leve
Vivamos nós as mulleres Berremos todas ben alto Que viva a nosa fala E que viva o noso canto
Son muller forte e libre Non hai ninguén que mo negue E se alguén o intentara Que mala febre o leve Que mala febre o leve Ai lalalá, ai lalá