FIN DE CURSO 24/25 | ACTUACIÓN | 6º Ed. Primaria

O alumnado de 6º de Ed. Primaria quixo facer unha despedida por todo o alto demostrando as súas múltiples dotes artísticas.

Parabéns, rapazada e moita sorte na vosa próxima etapa!

NOTA IMPORTANTE: Premendo na “rodiña dentada” de abaixo á dereita e cambiando a “calidade” a 1080, a experiencia de visualizado é ÓPTIMA!!!

PROXECTO: Cientificamente científicas | 6º EP | PDI Curso 24/25

O alumnado de 6º de educación primaria do CEIP de Olveira levou a cabo, durante o presente curso 24/25, un proxecto sobre mulleres científicas poñendo especial fincapé na súa contribución ao mundo da ciencia e da tecnoloxía.

Parabéns polo traballo.

HIPATIA DE ALEJANDRÍA

MARIE CURIE

ROSALIN FRANKLIN

JANE GOOGAL

VERA RUBIN

MARIE THARP

LETRAS GALEGAS 2025 | CANTAREIRAS | CEIP de Olveira

Por mor da celebración do Día das Letras Galegas que recoñece este ano a labor das “CANTAREIRAS” no mantemento da nosa lingua e da cultura inmaterial, o CEIP de Olveira convidou a todo o alumnado a que gravaran algún cantar sós ou coa súa familia.
Aquí vos deixamos o resultado deste traballo.

Moitos parabéns a todas e todos os participantes!!