OBRADOIRO | RADIOMUSICAL

Pedro Iglesias, especializado na comunicación gráfica, sonora e social ofreceunos un obradoiro aos nenos e nenas de 5º e 6º de Ed. Primaria na que puideron experimentar coa produción de música contemporánea dun xeito lúdico, interactivo e colaborativo; dándolles a posibilidade de experimentar con diferentes aparellos sonoros e instrumentos musicais

Moitas grazas Pedro!!

POEMAS | DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (23 Febreiro)

O alumnado do CEIP de OLVEIRA pasou polas instalacións da Radio Supercoleondas e recitou varios poemas de Rosalía de Castro co gallo da celebración do seu día. Aquí vos deixamos o resultado do seu traballo. Parabéns, rapazada!!

PRIMEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

.

SEGUNDO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

TERCEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

QUINTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Por orde de aparición:

  1. Adiós Ríos, Adios Fontes (Xoel M., David, Paula, Sofía e Johanna)
  2. Campanas de Bastabales (Xurxo, Manuel S. e Xian)
  3. Castellanos de Castilla (Leo, Marcos e Pedro)
  4. Negra Sombra (Xosé e Manuel R.)
  5. No Ceo Azul Crarísimo (Xoel R., Adrián e Germán)

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Ivan Chew, “Dreaming of the Ocean”, en ccmixter.org, Licenza CC BY

IMAXEN
Vicente Villamón, “Galicia”, en Flickr, Licenza CC BY-SA 2.0

PODCAST | DÍA MUNDIAL DA RADIO (13 Febreiro)

O alumnado do CEIP de Olveira non quería quedar sen conmemorar este día, así que, dende Supercoleondas, gravamos este podcast atendendo á proposta da Rede Espora. Esperamos que vos guste!

————————————

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
sunbyrn, “XPR”, en ccmixter.org, Licenza CC BY

IMAXEN
Muhammad-taha Ibrahim, “Low angle photography of man carrying a short wave radio”, en Pexels, Licenza CC 0

OBRA DE TEATRO | La caja de música (6º EP)

Este curso tivemos a sorte de poder asistir a unha obra de teatro representada polo alumnado de 6º EP: “La caja de música”. O destino quixo que estivera gardada ata este momento para ver a luz, pero xa veredes como a espera pagou ben a pena.

Moitos parabéns polo traballo realizado e grazas por compartilo con todas e todos nós.

OBRADOIRO | Descricións

Mostra do obradoiro de descricións creadas por parte do alumnado de 5º de Educación Primaria dentro da área de Lingua Galega.

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Alex, ‘Improvisation On Friday… ’ en ccmixter.org, licenza CC BY

MAXEN
Joan Costa, ‘river between green trees under white sky’, en pexels.com, licenza CC 0