No presente curso 21/22 un grupo de mestres estivo facendo un curso de radio no noso cole para seguir a formarse e poder aproveitar este recurso o mellor posible no proceso de ensino-aprendizaxe. Aqui tedes unha mostra dun dos obradoiros.
Arquivo da categoría: Formación
OBRADOIRO: Lectura expresiva
O pasado mes 7 de abril tivemos a sorte de que nos visitar a mesmísima Charo Pita para impartir un obradoiro de lectura expresiva no que, tanto profesorado coma alumnado aprendemos un montón. Grazas, Charo, esperamos volver a terte con nós!
Curso de radio para mestres
Este mes pasado, varios profes do cole estivemos facendo un curso de formación sobre as radios escolares. Nel aprendemos moitas cousas sobre os aparellos, software, tipos de programas,…, para poder poñer a nosa radio, Supercoleondas, a pleno rendemento.
O relator do curso foi Manolo Sobral, mestre e un dos piares de Radio Todiño no CEIP do Grupo (Ribeira). Moitas grazas!
Aquí vos deixamos un par de mostras:
ÁFRICA LITERARIA
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
INTRO E DESPEDIDA
Ivan Chew, Percussive Fences, en ccMixter.org, licenza CC BY 3.0
ENTREVISTA
I_ghost, Reverie (small theme), en ccMixter.org, licenza CC BY 3.0
IMAXEN
HowardWilks, Jirafa animal mamífero árbol, en pixabay.com, licenza Pixabay License
ASIA HISTÓRICA
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
Tanto o audio de fondo como a imaxe que acompaña a este podcast están rexistradas con Licenza CC0 Public Domain.
Curso de radio para o alumnado de 4º de Educación Primaria
O alumnado de 4º de Educación Primaria, o pasado 16 de Xaneiro, tivo un curso de Radio Escolar a cargo da xente de Ponte nas Ondas. Foi unha actividade moi entretida na que aprenderon cousas como a forma de falarlle a un micrófono, diferentes exercicios de vocalización, técnicas de comunicación, confección de guións, gravación,…