Algún do alumnado que pasou polo estudo de radio para crear os seus podcast e programas de radio.
A seguir así neste ano que entra!!
Algún do alumnado que pasou polo estudo de radio para crear os seus podcast e programas de radio.
A seguir así neste ano que entra!!
Este foi un curso ‘moi raro’, aínda así, fomos quen de seguir co noso percorrido radiofónico, sen presas, sen pausas, traballando pouquiño a pouquiño como fan as formiguiñas.
Rematamos o noso obradoiro de radio, quedan catro pinceladas, pero xa está completamente operativo e fomos quen de gravar en ‘falso directo’ sen producións, edicións ou retoques posteriores.
O vindeiro curso, aquí estaremos, esperando esas mentes abertas, eses sorrisos escondidos e esas ganas de… RADIO!!!
Que pasedes un bo verán!!!
Por fin podemos anunciarvos que o taller de radio do noso cole xa está operativa!
Aínda falta algún retoque, peeerooo xa podemos empezar a traballar nel. A ver se antes de que acabe o curso podemos amosarvos unha mostra!!
Saúdos!!