DEICA O CURSO QUE VEN

Este foi un curso ‘moi raro’, aínda así, fomos quen de seguir co noso percorrido radiofónico, sen presas, sen pausas, traballando pouquiño a pouquiño como fan as formiguiñas.

Rematamos o noso obradoiro de radio, quedan catro pinceladas, pero xa está completamente operativo e fomos quen de gravar en ‘falso directo’ sen producións, edicións ou retoques posteriores.

O vindeiro curso, aquí estaremos, esperando esas mentes abertas, eses sorrisos escondidos e esas ganas de… RADIO!!!

Que pasedes un bo verán!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *