OBRADOIRO | Noticiario Navideño

Traballo realizado polo alumnado de Lingua Galego de 5º de EP. Despois de traballar ‘a noticia’ en clase, inventaron as súas propias noticias, aquelas que lles gustaría que sucederan en 2023.

Bo traballo!

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Aries Beats [Free Music], ‘INSTRUMENTAL Trauer – SAD PIANO VIOLIN BEAT’, en SoundCloud.com, Licenza CC-BY

IMAXEN
Andrea Piacquadio, ‘Cheerful young woman screaming into megaphone’, en pexels.com, Licenza CC 0

SUPERCOLEONDAS EN REDE ESPORA

Co gallo do Día Mundial da Radio, Rede Espora fixo un chamamento ás radios escolares para confeccionar un programa conxunto no que se buscara concienciar sobre a importancia de contrastar as novas que nos chegan, e non compartir todo o que nos chega por diferentes canles sen comprobar a súa orixe e veracidade.

Aquí vos deixamos o programa completo con tódolos centros participantes.

DEICA O CURSO QUE VEN

Este foi un curso ‘moi raro’, aínda así, fomos quen de seguir co noso percorrido radiofónico, sen presas, sen pausas, traballando pouquiño a pouquiño como fan as formiguiñas.

Rematamos o noso obradoiro de radio, quedan catro pinceladas, pero xa está completamente operativo e fomos quen de gravar en ‘falso directo’ sen producións, edicións ou retoques posteriores.

O vindeiro curso, aquí estaremos, esperando esas mentes abertas, eses sorrisos escondidos e esas ganas de… RADIO!!!

Que pasedes un bo verán!!!

SEMANA DA PRENSA (08-12 Marzo) | Noticiario

Para celebrar a semana da prensa, varios dos rapaces e rapazas de 5º de EP estiveron a traballar nun noticiario, a partir de novas reais do xornal fixeron a súa propia adaptación radiofónico. Aquí tedes o resultado!

————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
Ben Briggs, Splatoon Remix – Stay Fresh! (Squid Sisters News), en soundcloud.com, licenza CC BY 3.0

IMAXEN
benjaminhartwich, Radio, en pixabay.com, licenza Pixabay License

OBRAS: Construíndo o laboratorio de Radio

Está claro que esta ‘pandemia’ paralizou moitísimas cousas, moitas delas superimportantes, e que seguro que vai levar aínda algún tempo botar á andar novamente.

A nós o COVID-19 paralizounos a obra do noso laboratorio de radio. Levábamos tempo traballando nel para intentar telo rematado para o final do curso, pero agora parece que non vai ser posible.

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades como vai quedando e seguro que, máis pronto que tarde, imos poder amosarvos o traballo rematado.

Temos máis ilusión que nunca de retomar a nosa actividade e continuar co proxecto SUPERCOLEONDAS para levalo ao seguinte nivel.

Unha aperta a todas/os, coidádevos moito e sede felices!