DETRÁS DOS MICRÓFONOS

Se vos gustaron os Podcast do Samaín, aquí tedes unha pequena mostra en imaxes do que pasa detrás dos micrófonos. Nervios, concentración, emoción,.., e un cento de sensacións máis mesturadas nun anaquiño pequeno de tempo para poder acadar o mellor resultado. Non están todas as que son, pero son todas as que están!

Graciñas!

PODCAST DAS LENDAS DO SAMAÍN!!

Aquí vos deixamos unha selección das lendas recollidas polo alumnado neste Samaín’23. Non foi posible rexistralas todas en audio por motivos de tempo co que non están todas as que son, pero son todas as que están. Aínda así, queremos agradecervos a participación a todas e a todos nesta iniciativa, tanto á rapazada como ás familias, xa que así axudades a contribuír ao mantemento da cultura popular mediante as vosas achegas ao noso ficheiro de lendas.

Coidado, dan moito medo!

—————-

PODCAST | Lendas do Samaín 2023 | 1º EP

PODCAST | Lendas do Samaín 2023 | 2º EP

PODCAST | Lendas do Samaín 2023 | 3º EP

PODCAST | Lendas do Samaín 2023 | 4º EP

PODCAST | Lendas do Samaín 2023 | 5º EP

PODCAST | Lendas do Samaín 2023 | 6º EP

PODCAST | Lendas do Samaín 2023 | Familiares

—————-

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO

Martijn de Boer (NiGiD), Lullaby To Nightmares, en CCMixter.org, Licenza CC BY-NC

IMAXEN

Pixabay, jack-o-lantern, en Pexels.com, Licenza CC 0

RECOLLIDA DE LENDAS

Moi boas!!

Xa entramos no outono, as noites son máis longas e os días máis curtos. Vento, chove e o frío aínda se resiste a chegar… pero chegará… Todo apunta a que o Samaín estase achegando!!

Unha das actividades que propoñemos este ano é unha RECOLLIDA DE LENDAS. O alumnado que queira participar deberá investigar pola súa contorna a ver quen sabe a mellor lenda, copiala, e traela ao cole. A temática, en principio, é libre.. pero dadas as datas nas que estamos molaba que foran historias de meeedooo!!

As familias de Ed. Infantil que queiran participar poden facelo tamén gravándoa e enviando o arquivo de son a: supercoleondas@gmail.com.

As mellores lendas serán rexistradas polos nosos micrófonos para crear un arquivo sonoro con elas!

DATA LÍMITE: 27 de outubro.