PROXECTO DI-VERSOS | CEIP de Olveira 25

Neste curso o alumnado de 4º de Ed. Primaria do CEIP de Olveira, participou no “Proxecto Di-Versos: Cancións pola diversidade” organizado polos Servizos Sociais do Concello de Ribeira e levado a cabo por “Canción De-Satre”.


Nel reflexionaron sobre o tema da diversidade no seu sentido máis amplo e foron quen de escribir a súa propia canción e de gravala coa axuda de Nando Pérez.

Parabéns, rapazada!!