Celebración por todo o alto do Día das Letras Galegas no CEIP de Olveira. Deica o próximo ano!!
Arquivo da categoría: Letras Galegas
PODCAST | LETRAS GALEGAS 2026 | Begoña Caamaño
O alumnado de 5ºEP do CEIP de Olveira gravou un pequeno podcast sobre a vida e obra de Begoña Caamaño.
Bo traballo rapazada!!
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2025 | CANTAREIRAS | CEIP de Olveira
A rapazada do CEIP de Olveira preparou unhas pezas para homenaxear ás “CANTAREIRAS” do mellor xeito que hai, cantando!
Aquí vos deixamos unha mostra do seu traballo!!
Parabéns!!
LETRAS GALEGAS 2025 | CANTAREIRAS | CEIP de Olveira
Por mor da celebración do Día das Letras Galegas que recoñece este ano a labor das “CANTAREIRAS” no mantemento da nosa lingua e da cultura inmaterial, o CEIP de Olveira convidou a todo o alumnado a que gravaran algún cantar sós ou coa súa familia.
Aquí vos deixamos o resultado deste traballo.
Moitos parabéns a todas e todos os participantes!!
17 MAIO | DÍA DAS LETRAS GALEGAS | Luísa Villalta
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas adicado este ano a Luísa Villalta, o alumnado de 3º de Ed. Primaria fixo un proxecto no que, entre outras cousas, debía buscar información sobre a autora, redactar unha escaleta e gravar o podcast que agora vos presentamos.
Bo traballo, rapazada!!
—————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO
Stefan Kartenberg, Winter garden, en CCMixter.org, Licenza CC BY-NC
CERTAME LETRAS GALEGAS’22
Toma nota!! Aquí o que se trata é de crear, e imaxinación non vos falta, non!!

XA TEMOS LOGO!!

O curso pasado, no Certame das Letra Galegas animamos ao alumnado do cole a facer os seus deseños para facer o noso logo de Supercoleondas… e este foi o deseño máis votado, o do alumnado de 4º EI que agora están en 5º EI.
Parabéns, rapazada polos traballos realizados!!
CERTAME | Logo para Supercoleondas
Este ano, co gallo das Letras Galegas, organizouse un certame no centro do que vai saír o logo para a nosa radio. Temos moitos nervios e moita emoción por saber cal será a imaxe escollida para que represente a Supercoleondas!!!
Agora mesmo, despois de varias fases eliminatorias, aquí tendes aos SUPERFINALISTAS… un destes vai ser o logo elixido… e ti, cal escollerías??

CANCIÓN | Himno Galego (6º EP)
DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 Maio) | ESPECIAL: Xela Arias
Por mor da celebración do Día das Letras Galegas 2021, o alumnado de 5º de EP confeccionou este Podcast Especial adicado á autora homenaxeada: Xela Arias.
————————————
NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR
AUDIO DE FONDO 1
Stefan Kartenberg, Rocky Road to Dublin, en ccmixter.org, licenza CC BY-NC 3.0
AUDIO DE FONDO 2
Ivan Chew, Twilight (2008) basic melody, en ccmixter.org, licenza CC BY 3.0
AUDIO DE FONDO 3
Admiral Bob, Scottish Hearts, en ccmixter.org, licenza CC BY 3.0
IMAXEN
Dende, Ilustración de Xela Arias, en commons.wikimedia.org, licenza CC BY-SA 4.0