VÍDEO | DÍA DA PAZ | 2026

Onte celebramos o Día da Paz no CEIP de OLVEIRA coa axuda de todo o alumnado e a colaboración do profesorado do centro, capitaneados pola profe Estrella.

Aquí vos deixamos o resultado de todo o traballo!!

NOTA IMPORTANTE: Premendo na “rodiña dentada” de abaixo á dereita e cambiando a “calidade” a 1080, a experiencia de visualizado é ÓPTIMA!!!

DÍA DA PAZ (2022) | Biografías Premios Nobel

O alumnado de 6º de Educación Primaria de Relixión e Valores Sociais e Cívicos fixeron un traballo conxunto con motivo da celebración do Día da Paz.

O traballo consistiu en confeccionar unha breves biografías sobre os Premios Nobel da Paz concedidos no continente europeo.




NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

AUDIO DE FONDO
koi_discovery, Retrospection, en ccmixter.org, Licenza CC BY

IMAXEN
Artem Podrez, vuelo-naturaleza-moda-hombre, en pexels.com, Licenza CC 0

DÍA DA PAZ (30 Xaneiro) | Vídeo ‘Terra’ (Tanxugueiras)


Este ano co gallo do Día da Paz, o alumnado do CEIP de Olveira quixo facerse eco da canción “Terra” das Tanxugueiras, por todos os valores que van implícitos na mesma e por toda a forza e a enerxía que aporta.

Parabéns á profe Estrella (especialista en música) e a tódolos bailaríns e bailarinas que foron quen de traballar duro e manter o nivel de concrentración necesario para acadar un resultado estupendo.